InicioEconomíaO BNG pide á Xunta que reciba aos traballadores da antiga filial...

O BNG pide á Xunta que reciba aos traballadores da antiga filial de Faurecia no Porriño e busque investidores

En concreto, pedirá á Consellería de Economía, Industria e Innovación que se reúna coa representación dos traballadores "tanto como sexa necesario" para coñecer a situación da planta e que busque investidores que poidan estar interesados na firma, conservando o emprego.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A deputada do BNG Cristina Fernández Davila presentou unha batería de iniciativas para instar á Xunta a que se implique “activamente” na procura dunha solución que permita salvar a unidade produtiva de Madera Fiber Technologies, antiga filial de Faurecia no Porriño actualmente en concurso de acredores, e manter os preto de cen postos de traballo.

En concreto, pedirá á Consellería de Economía, Industria e Innovación que se reúna coa representación dos traballadores “tanto como sexa necesario” para coñecer a situación da planta e que busque investidores que poidan estar interesados na firma, conservando o emprego. Fernández Davila criticou a “descapitalización” da empresa por parte do comprador da filial de Faurecia e o paso de “unhas mans a outras” ata chegar á situación actual, en concurso de acredores.

“E mentres sucedían estes feitos, Faurecia seguía implicada cos provedores e todo o material, equipos informáticos e soporte técnico empregado seguían sendo da empresa“, lembrou a deputada nun comunicado, insistindo en pedir a implicación das diferentes administracións para dar “viabilidade” á compañía.

FEITOS

A situación, segundo explicaron os traballadores, vén dada despois de que en xullo de 2021 Faurecia comunicou aos empregados a venda da unidade produtiva ao grupo Callista Private Equity, tratándose dun fondo voitre alemán. En xaneiro de 2022 esta compañía tomou o control da planta do Porriño tras o pago dun euro, a pesar de que Faurecia ademais inxectou capital por valor de tres millóns, segundo denuncian os empregados.

Nese momento, os responsables do comprador reuníronse co comité informando de que traían un plan industrial para dar viabilidade ás instalacións. “A realidade que puidemos comprobar foi que nunca tiveron un plan industrial, nin investiron nada para telo, senón todo o contrario, dedicáronse a descapitalizar a planta, chegando mesmo a vender os terreos en xullo de 2022 por un prezo moi inferior ao valor de mercado de 2,4 millóns“, criticou o presidente do comité de empresa, Leonardo Suárez.

“En febreiro deste ano o fondo voitre alemán, seguindo o seu modus operanti habitual, abandona a antiga planta de Faurecia cedendo os activos por 3.600 euros a unha empresa romanesa xestionada por Rüdiger Wisser, personaxe que se define a si mesmo como ‘o enterrador'”, engadiu o presidente do comité. Segundo el, o novo propietario deixou claro que pretendía buscar un novo comprador ou pechar a planta e o pasado xoves, 14 de setembro, presentou o concurso de acredores.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...