InicioEconomíaFolga en Vitrasa

Folga en Vitrasa

PUBLICADO O

- Advertisement -

A asemblea de traballadores de Vitrasa aprobou convocar paros parciais a partir de outubro, os martes e xoves, para denunciar “irregularidades”, a “alta temporalidade”, “rotación do cadro” e “exceso de horas extra”. Segundo a Unión Sindical Obrera (USO), van protestar ante os “múltiples incumprimentos que a compañía vén perpetrando nos últimos anos”.

Despois dunha asemblea que comezou a pasada noite ás 23.30 horas e se prolongou até case as dúas da madrugada, os traballadores decidiron, por 98 votos a favor, 35 en contra e sete nulos, iniciar estes paros, tras resultar “infrutuosos” tanto os anteriores intentos de negociación como as mobilizacións.

Previamente, o comité de empresa —USO, CC.OO., UGT e CIG— iniciou en setembro unha serie de concentracións que “non serviron para desatascar o conflito”, polo que agora deciden intensificar as protestas.

Entre as “irregularidades”, din que a empresa “utiliza traballadores eventuais en rotación para cubrir postos de traballo fixos, evitando así o pago da antigüidade e asegurándose que estarán sempre dispoñibles para calquera servizo, ante o medo a non ser renovados”. “Este tipo de contratación fraudulenta xa o denunciamos ante a Inspección de Traballo“.

Os traballadores tamén critican a “excesiva temporalidade” e as xornadas “abusivas” que “exceden o cómputo de horas e neutralizan os tempos de descanso”, así como “outros moitos incumprimentos, como en materia de saúde laboral, con falta de baños polo menos nas cabeceiras das liñas, ou un plan de igualdade caducado desde hai anos e sen visos de ser renovado”.

Queda por determinar a data de inicio destes paros parciais.

ÚLTIMAS

Sanidade licita por 284.000 euros reactivos clave para transplantes no Hospital Meixoeiro

A Xunta de Galicia, a través do Servizo Galego de Saúde (Sergas), publicou no...

O PP de Vigo esixe a auditoría das contas de Bembrive mentres o Goberno local cualifica as acusacións de “falsas”

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, esixiu ao rexedor, Abel Caballero, que...

Zona Franca renovará o seu apoio ao proxecto BIXO da UVigo SpaceLab para o lanzamento dun novo satélite

Zona Franca renovará o seu apoio ao proxecto BIXO da UVigo SpaceLab, que pretende...

Catro tartarugas mariñas, rescatadas e trasladadas á UCI de Nigrán tras aparecer debilitadas no litoral galego

Catro tartarugas mariñas foron trasladadas á UCI das instalacións da Coordinadora para o Estudo...