InicioEconomíaO coordinador xeral de CETM comprométese para resolver a situación dos estibadores...

O coordinador xeral de CETM comprométese para resolver a situación dos estibadores eventuais do Porto de Vigo

Así o fixo nunha reunión cos profesionais, onde se abordou a actual negociación do convenio colectivo do sector na que están inmersos os estibadores.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O coordinador xeral da Coordinadora Estatal de Traballadores do Mar (CETM), Antolín Goya, comprometeuse este luns para resolver a situación dos estibadores eventuais do Porto de Vigo. Así o fixo nunha reunión cos profesionais, onde se abordou a actual negociación do convenio colectivo do sector na que están inmersos os estibadores.

Tamén falaron da situación laboral que atravesan os eventuais, manifestando Goya a súa “preocupación” e o seu “compromiso” para resolver este problema, segundo recolle a Coordinadora nun comunicado. “Estamos aquí para buscar vías de solución coas empresas e garantir un futuro laboral estable. É esencial que defendamos un modelo e un sistema que asegure a continuidade do emprego no sector da estiba”, engadiu.

Segundo el, a competitividade do porto e a calidade dos servizos que se ofrecen dependen “en gran medida” da profesionalidade e a estabilidade laboral dos estibadores. “É fundamental que traballemos xuntos para lograr estes obxectivos que nos van a repercutir en beneficio de todos”, sentenciou.

ÚLTIMAS

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...

Pontón esixe á Xunta mercar Povisa: “Na sanidade privada non ven pacientes, ven clientes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, urxiu unha vez máis a compra do...