InicioEconomíaStellantis reimplanta a partir deste sábado unha quenda de fin de semana...

Stellantis reimplanta a partir deste sábado unha quenda de fin de semana que permitirá fabricar 670 unidades máis cada xornada

A factoría viguesa do grupo automobilístico Stellantis recuperará a partir deste sábado unha quenda de fin de semana, na que traballarán unhas 700 persoas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A factoría viguesa do grupo automobilístico Stellantis recuperará a partir deste sábado unha quenda de fin de semana, na que traballarán unhas 700 persoas, segundo anunciou a compañía. En concreto, a partir de agora o sistema 2 da planta olívica volverá operar tamén sábados e domingos, producindo vehículos comerciais lixeiros para as marcas Citroën, Fiat, Opel, Peugeot e Vauxhall.

A cuarta quenda do sistema 2, implantado por primeira vez en 2018, recupérase tras ser suspendido en outubro de 2021 a consecuencia dos problemas de aprovisionamento derivados da pandemia. “No contexto actual, aínda que persisten certas dificultades, as previsións de produción comezan a estabilizarse para dar resposta a unha alta demanda dos modelos fabricados, que son líderes no mercado europeo”, subliñou Stellantis nun comunicado.

De luns a venres, fabrícanse máis de 1.200 unidades destas furgonetas na planta viguesa, representando algo máis da metade dos 2.300 automóbiles que a fábrica produce cada xornada. O novo equipo ensamblará ao redor de 670 unidades máis cada xornada de fin de semana.

Esta cuarta quenda constituíuse con persoal provinte doutras quendas, que solicitaron voluntariamente a súa incorporación, e con novas contratacións. En total incorporáronse 700 persoas. Para a capacitación dos seus integrantes impartíronse unhas 95.000 horas de formación, coa colaboración da Xunta de Galicia.

“Co novo equipo poderemos dar resposta á alta demanda dos nosos modelos comerciais lixeiros. Persisten algunhas dificultades no aprovisionamento da planta, pero prevemos unha estabilización que nos permita aproveitar o noso potencial de produción”, apostilou o director de Stellantis Vigo, Ignacio Bueno.

ÚLTIMAS

Hospitalizado un mozo de 17 anos tras ser agredido con arma branca no Entroido de Hío

Un mozo de 17 anos, veciño de Vigo, tivo que ser hospitalizado na noite...

A Cátedra Ardán sitúa a Interfish España como un alicerce estratéxico para a economía

A Cátedra Ardán, impulsada polo Consorcio da Zona Franca de Vigo e a Universidade...

Detido un home en Vigo por agredir e romperlle o beizo a unha muller en plena rúa

Un home, H.J.R. de 40 anos de idade, foi detido o pasado sábado en...

Temor no sector naval pola escaseza de persoal cualificado

O secretario xeral de Asime, Enrique Mallón, valorou este martes o "bo momento" da...