InicioEconomíaO comité de empresa de Nueva Pescanova ve detrás do ERE a...

O comité de empresa de Nueva Pescanova ve detrás do ERE a deriva “equivocada” da compañía

O comité apostou por negociar para diminuír o número de despedimentos e conseguir "unhas condicións suficientes que permitan terminar o proceso coa apliación de medidas voluntarias de adhesión".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O comité de empresa de Pescanova España Back Office Chapela (do grupo Nueva Pescanova) prometeu traballar “desde o primeiro momento” para “minimizar” o impacto do ERE extintivo anunciado pola empresa nas últimas horas, e que se expón para un centenar de traballadores de oficinas de Chapela e Madrid, e lamentaron que se chegou a esta situación “por unha deriva equivocada, sen rumbo nin capitán”.

Así o comunicaron ao persoal, tras celebrar este xoves unha reunión urxente e despois de que a empresa confirmase a súa intención de negociar esa medida regulatoria, argumentando motivos “organizativos” e “económicos”.

O comité apostou por negociar para diminuír o número de despedimentos e conseguir “unhas condicións suficientes que permitan terminar o proceso coa apliación de medidas voluntarias de adhesión”. “O comité está unido e loitará para defender os dereitos das persoas traballadoras”, sinalou.

Con todo, lamentou que a empresa chegase a esta situación “por unha deriva equivocada, sen rumbo nin capitán”, e lembraron que todos os traballadores de Pescanova España contribuíron a “facer crecer” a empresa e non queren “vela desaparecer”. “Xuntos/as denunciaremos que non somos as persoas traballadoras as culpables da situación que a empresa está a atravesar, e un ERE de 100 traballadores/as non arranxará o futuro”, subliñou o comité.

O responsable de Industria de CC.OO. en Vigo, Celso Carneiro, lamentou que “a mala xestión” da empresa levase a que teñan que ser os traballadores “os que paguen as consecuencias”, e incidiu en que o sindicato (maioritario no comité) pelexará por minimizar o impacto do ERE e reclamará “garantías de futuro”.

ÚLTIMAS

Médicos de Atención Primaria maniféstanse en Vigo contra a sobrecarga laboral

Decenas de médicos de Atención Primaria de toda Galicia concentráronse este martes pola tarde...

O BNG de Vigo demanda un cambio radical ante a crise industrial e a emerxencia laboral na cidade

O BNG de Vigo reclamou á Xunta de Galicia e ao Concello un cambio...

Vigo volve mirar ao Mundial: Caballero anuncia novos pasos para ampliar Balaídos ata 43.000 espectadores

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este martes que “xa se están dando...

Xuízo pola morte dun operario en Cardama: o condutor do camión asegura que non viu o cable que provocou a caída da peza

O condutor do camión do que caeu unha enorme peza que causou a morte...