InicioEconomíaO comité de Metalships anuncia folga indefinida polo desmantelamento do estaleiro, tras...

O comité de Metalships anuncia folga indefinida polo desmantelamento do estaleiro, tras 7 novos despedimentos

Nos últimos 3 anos, foron despedidos case unha trintena de operarios, xa que a intención da dirección é "quedar só con 12" traballadores, segundo informa José Antonio Fernández Vila, o que fora presidente do comité hai un ano e medio, cando foi despedido.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O comité de empresa do estaleiro vigués Metalships&Docks confirmou este luns a convocatoria de folga indefinida para os próximos días para denunciar o “desmantelamento” das instalacións, no barrio de Teis, e tras coñecer o despedimento doutros 7 traballadores (un xefe de buque, a directora financeira, e toda a sección de tubaxe, entre eles, dous membros do comité).

Así o trasladou José Antonio Fernández Vila, o que fora presidente do comité ata hai un ano e medio, cando foi despedido (atópase á espera de resolución do seu recurso). Segundo denunciou, os despedimentos comunicados pola empresa o pasado venres, son unha manobra para acabar coa acción sindical.

Fernández Vila explicou que estes despedimentos son “un paso máis” na estratexia de “desmantelamento” do estaleiro por parte da propiedade e da dirección, e subliñou que, nos últimos 3 anos, foron despedidos case unha trintena de operarios, xa que a intención da dirección é “quedar só con 12” traballadores.

Nese escenario, explicou que o estaleiro leva anos tentando sobrevivir coa súa actividade centrada na reparación, sen novos encargos de construción e “non hai plan industrial”. Por iso, concluíu, “se a propiedade non quere investir, e bota aos seus traballadores, isto dura o que dura”. “É inconcibible que a un empresario, con estas instalacións, e operando en chan público, permítanlle facer o que está a facer”, engadiu, e reclamou ás administracións “que tomen cartas no asunto”.

Fernández Vila advertiu de que o comité “non vai consentir” que se siga por esta senda, e lamentou que o dono de Metalships, Manuel Rodríguez (presidente do Círculo de Empresarios) deixou pasar a oportunidade de vender o estaleiro a Gondán, unha firma “solvente”, por “avaricia”, por reclamar máis diñeiro do que vale.

Por todo iso, os traballadores convocaron para este luns unha xornada de paro e avanzaron a convocatoria dunha folga indefinida, coa previsión de rexistrala este mesmo luns para que sexa efectiva a partir da semana que vén. Ademais, fixeron un chamamento aos sindicatos UGT e CIG, así como ao resto do sector, para mobilizarse e evitar a desaparición dunha empresa emblemática da construción naval na ría de Vigo.

ÚLTIMAS

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...