InicioEconomíaPersoal de amarre de barcos no Porto de Vigo desconvoca os paros...

Persoal de amarre de barcos no Porto de Vigo desconvoca os paros tras chegar a un acordo coa empresa

PUBLICADO O

- Advertisement -

Persoal da empresa Boteros Amarradores de Vigo (Botamavi) desconvocaron os paros que estaban previstos para os próximos días tras chegar a un acordo coa empresa sobre o convenio colectivo.

Segundo informou a Confederación Intersindical Galega (CIG), que ostenta a representación sindical na compañía, o cadro de persoal decidiu en asemblea pór fin aos paros e ás mobilizacións convocadas para este venres e o vindeiro venres, día 7 de xullo, tras o pacto alcanzado coa compañía que se encarga do amarre e desamarre de barcos no Porto de Vigo.

Foi o pasado luns cando comezaron as medidas de presión en Botamavi para reclamar mellores condicións salariais. Para este venres estaba prevista unha nova xornada de paros, pero foi desconvocada tras alcanzar un pacto a última hora deste xoves.

O acordo contempla un convenio colectivo para 2023 que establece un incremento salarial do 4% en todos os conceptos, con cláusula de revisión ao IPC a final do ano e con efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro.

ÚLTIMAS

A escritora viguesa An Alfaya, Premio Laxeiro 2026

O padroado da Fundación Laxeiro decidiu outorgar o Premio Laxeiro 2026 á escritora viguesa...

Investigan a morte dun home nunha nave abandonada en Vigo

A Policía Nacional abriu unha investigación para esclarecer as circunstancias da morte dun home,...

Vigo rozará o “cheo total” polo aceso do Nadal, segundo Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou que a ocupación hoteleira para esta fin...

A CIG denuncia que os buses de Vigo circulan con horarios “imposibles”

A sección sindical da CIG en Vitrasa, a concesionaria do transporte público de Vigo,...