InicioEconomíaMiles de traballadores do metal volven tomar as rúas de Vigo

Miles de traballadores do metal volven tomar as rúas de Vigo

Anuncian dous días máis de folga. A patronal anuncia accións legais polos "prexuízos económicos" que lles están causando os folguistas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Miles de miles de traballadores do sector metal da provincia de Pontevedra volveron unha xornada máis a manifestarse polas rúas de Vigo en demanda dun convenio xusto, e advertiron de que manterán as mobilizacións. De feito, anunciaron dúas xornadas máis de folga os próximos 12 e 13 de xullo que se suman aos paros xa convocados os días 6 e 7 de xullo.

Os representantes sindicais afearon á patronal que trate de presionar para que se desconvoquen as mobilizacións, algo que ven como unha “provocación”, xa que consideran que a parte empresarial non ten actitude de diálogo nin de retomar os contactos para chegar a un acordo.

Este mércores, de novo pararon a súa actividade estaleiros e talleres, e uns 2.000 traballadores saíron en manifestación desde primeira hora da mañá. A marcha saíu desde praza de España e, tras percorrer varias rúas da cidade sen incidentes (salvo un colector queimado), concluíu na rúa Venezuela, fronte ao Concello de Vigo.

PATRONAL

Pola súa banda, a asociacións empresariais que conforman a patronal do metal na provincia de Pontevedra, Asime, Atra e Instaelectra, insistiron este mércores, a través dun comunicado, en “esixir” o fin da folga para retomar a negociación do convenio cos sindicatos e reiteraron que estudarán accións legais contra as centrais polo prexuízo económico que as protestas ocasionaron á feira Mindtech (celebrada a pasada semana).

Así, as entidades patronais volveron a referirse a as protestas do pasado 22 de xuño nos accesos ao Ifevi, con lanzamento de parafusos, petardos e corte momentáneo da autoestrada AP-9, que cualificaron como actos de “barbarie”, e reiteraron que non permitirán que ditas actuacións queden “impunes”.

As empresas, que cifraron o seguimento da folga deste mércores no 40 %, esixiron pór fin aos paros, e sinalaron que a manifestación desta xornada, que se saldou sen incidentes (salvo un par de colectores queimados) “pretende probablemente ser un lavado cara e imaxe” tras a ocorrido nas inmediacións do recinto feiral.

ÚLTIMAS

Detido un home por tentar cravarlle un coitelo ao seu compañeiro de piso

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 51 anos de...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

A meteoroloxía obriga a desviar tres voos con destino Peinador

Tres voos que tiñan previsto aterrar no aeroporto de Peinador, en Vigo, foron desviados...

Caballero acusa á RFEF e ao PP de vetar a Vigo como sede do Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reiterou este martes as súas acusacións contra o...