InicioEconomíaA organización de Flash Market Vigo mantén a feira e asegura non...

A organización de Flash Market Vigo mantén a feira e asegura non ter indicacións da Xunta para suspendela

PUBLICADO O

- Advertisement -

A organización da feira Flash Market Outlet, prevista para os días 5, 6 e 7 de maio no Instituto Feiral de Vigo, comunicou que mantén o evento, e que non recibiu notificación por parte da Xunta para suspendelo.

Así, trasladaron a súa “preocupación” tras facerse público que a Dirección Xeral de Comercio instou a suspender a dita feira, por non cumprir os requisitos previstos na normativa autonómica. “Desde Flash Market Outlet Vigo non recibimos ningunha notificación oficial referente a este suposto“, aseguraron (a pesar de que fontes da administración autonómica informaron de que se trasladou a súa decisión á organización da feira).

Flash Market Outlet Vigo remitiu nas últimas horas á Xunta unha listaxe de comercios locais que participarán na feira e reiteraron o seu apoio ao comercio de proximidade, aos que ofrece “condicións moi vantaxosas” para participar neste evento. Así mesmo, aseguraron que o Ifevi tampouco recibiu ningunha notificación sobre a cancelación da feira.

A Federación Galega de Comercio e a Federación de Comercio da provincia de Pontevedra celebraron a decisión da Xunta, pero a organización da feira lamentou que se poña en risco este evento ao que o comercio local acode “con moito interese” e que “parece non importarlle á Federación Galega de Comercio”.

Finalmente, no seu comunicado, os organizadores advertiron de que “no suposto de confirmarse a cancelación do evento por parte da Administración”, resérvanse “o dereito a tomar as medidas legais oportunas para defender os intereses do comercio local participante e da organización”.

ÚLTIMAS

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...

Pontón esixe á Xunta mercar Povisa: “Na sanidade privada non ven pacientes, ven clientes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, urxiu unha vez máis a compra do...