InicioEconomíaCal será o futuro da pesca artesanal en Galicia?

Cal será o futuro da pesca artesanal en Galicia?

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Salón de Plenos do Concello de Cangas acollerá este venres un coloquio sobre ‘O futuro do xeito e da pesca artesanal galega na Unión Europea’. Nel se informará das negociacións que se están levando a cabo nas institucións europeas e que poden poñer en perigo a arte pesqueira do xeito, que a Comisión Europea xa intentou prohibir no ano 2014. Unha situación que se retomou agora co novo Regulamento sobre a Conservación dos recursos pesqueiros e a protección dos ecosistemas.

“A día de hoxe, a proposta da Comisión sigue sendo que a dimensión da malla para pescar especies peláxidas pequenas con redes de deriva como é o xeito sexa 50 milímetros e a nosa emenda para modificar isto non foi aprobada, igual que tampouco o foron outras presentadas por outros eurodeputados no mesmo sentido”, asegura a este respecto a eurodeputada Lídia Senra, organizadora destas xornadas. Nelas tamén intervirán o patrón maior da Confraría de Cangas, Javier Costa; a 2ª tenente de alcalde e concelleira de Desenvolvemento Económico e Emprego Local por Asemblea pola Unidade (ASpUN), Ánxela Vizoso Marcos; e o 3º tenente de alcalde e concelleiro de Facenda, Urbanismo e Patrimonio por Alternativa Canguesa de Esquerdas (ACE), Mariano Abalo Costa.

No coloquio tamén se abordará a modificación do Regulamento de Control que agora mesmo está a debate no Parlamento Europeo e outras Resolucións aprobadas polo Parlamento Europeo como a que inclúe que en augas interiores, a pesca accidental artesanal quede fora de cotas. Así, abordaranse posibles medidas a tomar para que a Comisión e o Consello leven a cabo esta recomendación.

“Senra leva tempo loitando para que se inclúa a especificación do uso de mallas de menos de 40 mm para a pesca da sardiña e chama a todo o sector a informarse e a mobilizarse na Galiza para facer forza e poder blindar esta exixencia, pois, do contrario, o sector podería verse moi afectado”, indica a súa formación nun comunicado.

Co acto deste venres en Cangas, a eurodeputada dá comezo a unha serie de coloquios públicos nos que abordará esta cuestión. Así, tamén está organizado xa un coloquio similar para o sábado día 22 de setembro en Cambados e o venres 5 de outubro, pola tarde, en Rianxo. Con estes coloquios, preténdese dar continuidade á campaña de información e sensibilización, despois de que xa numerosos concellos aprobasen durante o verán mocións municipais en apoio ao xeito e a favor de presionar tamén á Xunta e ao Estado español para que se preocupen por estas cuestións.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...