InicioEconomíaVigo acollerá un grao de Enxeñaría da Automoción dual que incluirá formación...

Vigo acollerá un grao de Enxeñaría da Automoción dual que incluirá formación e contrato laboral

PUBLICADO O

- Advertisement -

Xunta de Galicia, a Universidade de Vigo (UVigo) e o sector da automoción apostaron este luns por impulsar un grao de Enxeñaría da Automoción dual que combinará a formación dos alumnos cun contrato laboral regulado, reproducindo o modelo que xa existe na FP dual, pero agora a nivel universitario.

Con fin, asinouse na cidade olívica un convenio nun acto ao que asistiron, entre outros, o presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda; o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez; o director da fábrica de Stellantis Vigo, Ignacio Bueno, e o reitor da UVigo, Manuel Reigosa.

Precisamente Rueda apostou pola implantación destes graos duais nas universidades, explicando que a intención é que a UVigo e a industria da automoción reproduzan o “modelo de éxito” da Formación Profesional Dual, que consegue taxas de inserción laboral de case o 100% e coa que xa se colabora con máis de 800 empresas galegas.

Ignacio Bueno puxo en valor a “colaboración” levada a cabo entre o sector, a Xunta e a Universidade, que deu como froito este convenio, que é un “paso moi significativo” para a formación especializada dos estudantes.

Pola súa banda, Reigosa agradeceu a implicación do sector, que estivo presente á hora de seleccionar os contidos necesarios para a formación. Así, emprazou ás compañías a continuar aí, para ir adaptando o grao dual ás novas necesidades que poidan xurdir ao longo da súa historia.

ÚLTIMAS

O temporal complica o tráfico aéreo en Vigo: voos desviados, cancelacións e avións que tiveron que regresar a orixe

O temporal que afecta estes días a Galicia tamén obrigou a cancelar e a...

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Un estafador reincidente enfróntase a seis anos de cárcere por falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou este...