InicioEconomíaMotorOcasión Vigo arrinca este xoves con máis de mil vehículos usados

MotorOcasión Vigo arrinca este xoves con máis de mil vehículos usados

PUBLICADO O

- Advertisement -

O salón do vehículo usado e de ocasión MotorOcasión Vigo abrirá as súas portas a partir deste xoves, día 16 de marzo, no Instituto Feiral da cidade olívica (Ifevi), onde se reunirán un mil coches de segunda man “con dispoñibilidade inmediata”.

Será a partir das 16,00 horas cando arrinque a vixésimo terceira edición do evento, que tradicionalmente se celebra tras o Salón do Automóbil de Vigo, levado a cabo nos últimos días.

O salón reunirá ata o domingo 19 o stock dos concesionarios oficiais da comarca de Vigo, que porán a disposición do público todos os seus vehículos de quilómetro cero, executivos, demostración e ocasión, polo que a exposición reunirá preto de mil automóbiles, “xa que no momento no que se venda unha unidade, o concesionario rapidamente cambiaraa por outro dispoñible”.

ÚLTIMAS

O xefe da Policía Local de Vigo, novo investigado na causa polo accidente mortal do ‘Saltamontes’

O xefe da Policía Local de Vigo, Alberto Carballo, súmase á lista de persoas...

O temporal complica o tráfico aéreo en Vigo: voos desviados, cancelacións e avións que tiveron que regresar a orixe

O temporal que afecta estes días a Galicia tamén obrigou a cancelar e a...

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...