InicioEconomíaArquibadas as actuacións sobre o concurso de acredores do estaleiro Barreras

Arquibadas as actuacións sobre o concurso de acredores do estaleiro Barreras

O xulgado declarou en concurso voluntario ao estaleiro en xaneiro de 2022, dado que a empresa estaba en situación de insolvencia, e ordenou a apertura dunha peza separada para a venda da unidade produtiva.

PUBLICADO O

O xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra, con sede en Vigo, ditou auto no que acorda arquivar as actuacións relativas ao concurso de acredores do desaparecido estaleiro vigués Hijos de J. Barretas (cuxas instalacións son agora propiedade do grupo Armón).

Así, a maxistrada dá cumprimento ao previsto na Lei Concursal, que establece que, cando o administrador concursal e a Fiscalía coincidan en sinalar un concurso como fortuíto (sen responsables), o xulgado debe ordenar o arquivo das actuacións “sen máis trámites”, nun auto contra o que non cabe recurso.

O xulgado declarou en concurso voluntario ao estaleiro en xaneiro de 2022, dado que a empresa estaba en situación de insolvencia, e ordenou a apertura dunha peza separada para a venda da unidade produtiva. Seis meses despois, declarou a extinción da sociedade e, a finais de xullo, formalizou o despedimento dun centenar de traballadores, case a totalidade do persoal (con excepción da vintena que foron subrogados polos novos donos, Armón).

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...