InicioEconomíaA empresa que xestiona o Servizo de Axuda no Fogar en Redondela...

A empresa que xestiona o Servizo de Axuda no Fogar en Redondela insta á parte sindical a negociar

Osventos Innovación en Servizos SL di que nuncha viviu "unha situación análoga á vivida en Redondela, nin no ámbito das relacións laborais nin da calidade do servizo e satisfacción das persoas usuarias".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A empresa Osventos Innovación en Servizos SL, que xestiona o Servizo de Axuda no Fogar no Concello de Redondela, reitera a súa vontade de negociar calquera aspecto relativo á relación e condicións laborais do persoal, incluíndo posibles reformas. “Esta boa disposición xa lle foi transmitida, en sucesivos contactos, tanto ao persoal como á súa representación sindical”, indica nun comunicado.

Tras as críticas polos problemas na xestión deste servizo en Redondela e os problemas co cadro de persoal, esta empresa aposta por dialogar sobre as condicións laborais “segundo os principios da claridade e a concreción, acompañadas do fundamental espírito construtivo“. Por tanto, Osventos convida á representación sindical a manifestar “as súas reivindicacións laborais concretas e específicas, comprometéndose á súa toma en consideración e debate para acadar un acordo satisfactorio para todas as partes implicadas”. Á espera de que este escenario se materialice, Osventos continuará a prestar este servizo guiándose por criterios de calidade e satisfacción. Isto implica unha xestión eficaz e racional

Por outra banda, lembra o seu “amplo historial de servizos” nos sectores da asistencia cidadá, sociocultural e educativo en diversos puntos de España e Portugal, incluíndo concellos e outras institucións. Así, destaca que “en ningún caso consta unha situación análoga á vivida en Redondela, nin no ámbito das relacións laborais nin da calidade do servizo e satisfacción das persoas usuarias”.

Finalmente, a empresa amosa a seguridade de que axiña se poderá avanzar na resolución deste problema polo “benestar das persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar do Concello de Redondela”.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...