InicioEconomíaVitrasa denuncia a subida salarial "enorme e desfasada" que pide o Comité...

Vitrasa denuncia a subida salarial “enorme e desfasada” que pide o Comité de empresa nun momento de ctrise

Lamenta a "actitude inflexible" do comité e di que os seus condutores cobran un 37% máis que empregados do sector.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Vitrasa, a concesionaria do transporte urbano do Concello de Vigo, lamentou este luns a “actitude inflexible e prexudicial” do comité de empresa e volveu a insistir en que os seus condutores perciben un salario un 37% máis alto que “calquera outro traballador do sector da provincia de Pontevedra”.

Nun comunicado, a empresa criticou que os empregados continúen coas súas protestas, “que afastan aínda máis a posibilidade de que a compañía alcance unha recuperación tras tres anos consecutivos de perda de viaxeiros derivada do Covid-19″.

O convenio colectivo de Vitrasa é o máis alto do sector en toda Galicia, o que se traduce en que os condutores de Vitrasa perciben un salario un 37% máis alto que calquera outro traballador do sector da provincia de Pontevedra. A diferenza salarial entre un traballador de Vitrasa e un traballador doutra compañía sitúase, como mínimo, en 10.000 euros anuais, sen ter en conta antigüidade, horas de traballo anuais, ademais doutras vantaxes sociais”, reivindicou a firma.

Para Vitrasa, a solicitude do comité dunha subida salarial “enorme e desfasada” nun momento de perdas económicas e o prexudicar á principal fonte de ingresos que son os viaxeiros “afastan a solución deste conflito cada día máis”. “Coa decisión de alongar este escenario de paros e ameazando cunha folga indefinida o comité segue demostrando a súa desconexión total coa realidade que nos ocupa sen formular propostas nin atopar puntos en común coa organización”, sentenciou a dirección da empresa.

MEDIACIÓN DO CONCELLO

Precisamente este luns a Federación de Asociacións Veciñais de Vigo Eduardo Chao (Favec) reclamou ao Concello de Vigo que medie no conflito que mantén Vitrasa cos seus traballadores, do mesmo xeito que xa o pediron os condutores en reiteradas ocasións, ao tratarse dunha concesión municipal.

A presidenta da entidade veciñal, María Pérez, considera “inadmisible” que o goberno local e o alcalde de Vigo, Abel Caballero, permitan esta situación. “Déronse millóns de euros das contas públicas para que a empresa cargue contra os traballadores no canto de mellorar as súas condicións laborais”, denunciou Pérez nun comunicado.

ÚLTIMAS

Caballero insiste: “Louzán ten que dicir que Vigo é sede do Mundial 2030”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este luns en que o presidente da Real Federación...

Achan na costa de Cádiz neveiras e un colector do buque que se refuxiou en Vigo tras un corremento de carga

Salvamento Marítimo coordinou durante esta fin de semana un amplo dispositivo en augas do...

OPINIÓN.- Burla verde en Samil. O greenwashing Caballero

Óscar Pazos R. Ecoloxistas de Galiza Atlántica e Verde A chamada 'Recuperación del sistema dunar...

Piden 18 anos de cárcere para dous homes que violaron e gravaron a agresión a unha nova de 18 anos en Vigo

A Fiscalía pide máis de 15 anos de cárcere para dous homes acusados de...