InicioDeportesCase 1.200 persoas sumaranse en Bouzas á X Carreira Solidaria pola Esclerose...

Case 1.200 persoas sumaranse en Bouzas á X Carreira Solidaria pola Esclerose Múltiple

Terá lugar este próximo domingo, 30 de outubro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Preto de 1.200 persoas sumaranse este domingo, 30 de outubro, á X Carreira Solidaria “Eu Móvome pola Esclerose Múltiple”, que retoma a presencialidade no seu décimo aniversario tras dous anos de pandemia.

A Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple (AVEMPO) agradece o gran apoio social recibido nos últimos días tras o seu chamamento debido á crise que atravesa polos problemas de financiamento do evento. Para poder seguir recadando fondos para a causa, a entidade manterá as inscricións abertas ata o domingo na modalidade virtual da carreira e os donativos a través do ‘Dorsal 0’ solidario. As persoas interesadas en colaborar, poden facelo a través do portal 321go.es.

A X Carreira Solidaria pola Esclerose Múltiple pechou este martes as súas inscricións para a proba presencial con 1.164 persoas anotadas para participar nas carreiras competitivas e cronometradas de 5K e 10K e na andaina de 5K. O evento terá lugar o domingo 30 de outubro ás 11:00hrs. na alameda Suárez Llanos de Bouzas.

A organización confía neste “sprint final” para pechar o domingo superando a barreira das 1.700 persoas inscritas, co fin aumentar a cifra de recadación e “manter con ela a contratación dun profesional, imprescindible para a mellora da calidade de vida das persoas afectadas”, explican.

RECOLLIDA DE DORSAIS

A recollida de dorsais e chips para a carreira poderá realizarse na sede de AVEMPO (C/Camilo Veiga, 44 Baixo) o sábado 29 de outubro de 10:30hrs. a 18:30hrs. e na alameda de Bouzas o día da carreira, de 09:00hrs. a 10:30hrs. xunto á liña de meta.

As persoas interesadas poderán adquirir tamén a camiseta conmemorativa do décimo aniversario do ‘Eu Móvome pola Esclerose Múltiple’, que plasma unha “coroa de pegadas solidarias” que representan as pegadas de todas as persoas que participaron na carreira pola EM estes 10 anos.

Toda a información será actualizada a través da web habilitada por AVEMPO para a carreira e nas redes sociais oficiais da proba deportiva en Twitter, Facebook e Instagram con en hashtag #EuMóvome22.

ÚLTIMAS

Sanidade licita por 284.000 euros reactivos clave para transplantes no Hospital Meixoeiro

A Xunta de Galicia, a través do Servizo Galego de Saúde (Sergas), publicou no...

O PP de Vigo esixe a auditoría das contas de Bembrive mentres o Goberno local cualifica as acusacións de “falsas”

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, esixiu ao rexedor, Abel Caballero, que...

Zona Franca renovará o seu apoio ao proxecto BIXO da UVigo SpaceLab para o lanzamento dun novo satélite

Zona Franca renovará o seu apoio ao proxecto BIXO da UVigo SpaceLab, que pretende...

Catro tartarugas mariñas, rescatadas e trasladadas á UCI de Nigrán tras aparecer debilitadas no litoral galego

Catro tartarugas mariñas foron trasladadas á UCI das instalacións da Coordinadora para o Estudo...