InicioDeportesO derbi entre o Porriño e o Guardés queda adiado por seis...

O derbi entre o Porriño e o Guardés queda adiado por seis positivos por Covid

Na mañá deste venres detectáronse seis casos positivos no seo do persoal do Mecalia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O derbi galego que este sábado debían disputar os equipos de balonmán Porriño e Guardés no Municipal porriñés quedou aprazado tras detectarse seis casos de Covid-19.

Así o comunicou o Guardés nun comunicado, no que informa que o adiamento o decretou a Real Federación Española de Balonmán na mañá deste venres tras detectarse seis casos positivos deste coronavirus no seo do persoal do Mecalia.

Respecto diso, aclara que a normativa federativa establece un mínimo de cinco positivos para aprobar un adiamento. Deste xeito, tras informar o club da Louriña, a entidade guardesa solicitou formalmente o adiamento o xoves pola tarde e a federación española confirmouno á mañá seguinte.

O club puntualizou que seis xogadoras deron positivo ao longo desta semana. Todas “se atopan ben de saúde, con sintomatoloxía leve e illadas nos seus domicilios“, destaca.

Por iso, o Guardés solicitou o adiamento á Federación Española tras porse en contacto co Balonmán Porriño e o ente federativo confirmou a suspensión. Está previsto que o persoal se someta a novas probas este venres pola tarde en previsión de que poidan xurdir novos casos.

Segundo puntualica o club, a principios de semana, o Guardés detectou o primeiro dos casos, ao que seguiu un segundo. A previsión “era xogar igualmente”, engade, pero nas probas practicadas o xoves pola tarde “xurdiron catro positivos máis, o que activou inmediatamente o mecanismo para solicitar o adiamento”.

Agora ambos os clubs deben acordar a nova data para a disputa do encontro e, destacan, como “as relacións entre ambas as entidades son excelentes”, nos próximos días decidirán cando se disputará o derbi.

ÚLTIMAS

Sumar Galicia impulsa unha proposta de coalición de esquerdas en Vigo de face ás próximas eleccións municipais

Movemento Sumar Galicia remitiu unha carta a Esquerda Unida, Verdes Equo, Anova e Podemos...

O aeroporto de Vigo opera con “normalidade” no cuarto día de folga dos controladores aéreos

Os aeroportos de Vigo e A Coruña funcionan "con normalidade" na xornada deste luns,...

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...