InicioDeportesMoyano, adestrador do Frigoríficos: "É o partido máis ilusionante da tempada"

Moyano, adestrador do Frigoríficos: “É o partido máis ilusionante da tempada”

O Frigoríficos do Morrazo xoga o encontro de volta dos octavos de final da Copa do Rei fronte ao Bada Huesca.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O adestrador do Frigoríficos do Morrazo, Nacho Moyano, non dubidou en cualificar como “o máis ilusionante da tempada” o partido que este martes disputará o seu equipo contra o Bada Huesca, correspondente á volta dos oitavos de final da Copa do Rei.

“Pola nosa clasificación na liga e polo que representa este partido, xa que estamos a un paso de meternos na fase final da Copa do Rei, creo que é o que máis ilusiona nos xera da tempada. O equipo está con moitísimas ganas”, comentaba o preparador madrileño.

Moyano cre que a eliminatoria está “ao 50 por cento” a pesar de que o seu rival chegará a O Gatañal cun gol de vantaxe do primeiro encontro (30-29), pois o seu equipo terá agora o factor cancha a favor.

“Chegamos a este partido cunha desvantaxe asumible e imos xogar na nosa casa, coa nosa xente, co que iso supón”, apunta o técnico do Frigoríficos, para quen o último empate en Liga Asobal ante o Bidasoa foi “como unha vitoria” porque remontaron seis goles “a un gran equipo”.

“Unha das claves do partido vai estar en tentar evitar que nos fagan goles fáciles, temos que obrigarlles a atacar en posicional. Se conseguimos que non nos fagan goles de contragolpe teremos moito gañado”, destaca Moyano, que define ao Huesca como “un bo equipo” cunha “potente” primeira liña e un persoal “moi completa” que lle permite realizar moitas rotacións.

ÚLTIMAS

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...

Pontón esixe á Xunta mercar Povisa: “Na sanidade privada non ven pacientes, ven clientes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, urxiu unha vez máis a compra do...