InicioBarcos en miniatura a 120km/h polas augas do Miño

Barcos en miniatura a 120km/h polas augas do Miño

Tui acolle esta fin de semana o Campionato de España de Radiocontrol Térmico con barcos a 120 km/h.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Mini embarcacións surcando as augas do Miño. O Campionato de España de Radiocontrol Térmico celebrarase os días 4 e 5 de setembro en Tui, organizado polas Reais Federacións Real Española e Galega de Motonáutica, contando coa colaboración do Concello de Tui, a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra e a Asociación Avelaiña.

Pero de que se trata este campionato?… É unha proba na que embarcacións, cun tamaño medio de 1 m. de eslora e con motores de combustión de ata catro diferentes cilindradas, son conducidos a radiocontrol. O carburante utilizado para este tipo de embarcacións adoita ser unha lixeira bencina, proporcionando aos motores entre as 15 e 20.000 rpm – revolucións por minuto, sendo a resultante final un empuxe de potencia tan elevada que asegura os 65 nós de velocidade, un 120 Km/ h.

O circuíto é un trazado técnico entre boias, formando unha gran ” M” na lámina de auga sobre a que se asenta o percorrido e onde o tramo máis longo mide 100 m. e o máis curto a metade, dotando á “consonante” dunha distancia total de 300 metros por volta.

Cada manga ten unha duración estimada de 30 minutos celebrándose tres por cada categoría na xornada do sábado, puntuando só dous delas e descartando a de peor resultado, para obter unha clasificación que marcará as pautas das finais que se correrán na xornada dominical. Só se admitirá un número máximo de 15 pilotos por categoría.

“A ÚNICA PROBA DE EUROPA”

A cita deportiva foi presentada hoxe no Centro Interfederado de Tui, un acto no que estivo presente o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, acompañado polo concelleiro de deportes, Rafael Estévez; o presidente da Real Federación Galega de Motonáutica, José Fernández; os vogais da entidade deportiva, Carlos Estévez e Marcos Cabaleiro; o piloto galego, Emilio Cadaveira; o Comandante Naval do Miño, Pablo Redondo, e o xefe de Servizo provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Daniel Benavides.

Na súa intervención Enrique Cabaleiro agradeceu á Real Federación Galega de Motonáutica o feito de volver elixir Tui para a celebración deste campionato, convidando os tudenses a asistir á proba, ao desenvolverse nun espazo natural aberto e sempre coidando as medidas de seguridade sanitarias.

O presidente da Real Federación Galega de Motonáutica, José Fernández, xunto ao piloto Emilio Cadaveira, explicaron os pormenores do desenvolvemento da proba facendo fincapé en que esta vai ser a única proba en España e en Europa desta categoría no último ano.

ÚLTIMAS

Gallas caídas e mobiliario urbano afectado entre as numerosas incidencias da borrasca Bert en Vigo

A borrasca Bert deixou en Galicia durante as últimas horas un total de 874 incidencias...

( Vídeo) Un guerreiro celta que empequeneceu ao Barça

O multiinstrumentalista galego, Abraham Cuperio, actuou este sábado na previa do RC Celta -...

Vigo ‘pecha’ o seu Nadal ante a alerta laranxa por temporal

Ante a alerta da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior sobre fenómeno meteorolóxico adverso...

O conservatorio de Gondomar levará o nome de Conchita Quintas

Así o anunciou o alcalde Paco Ferreira durante o concerto de Santa Icía deste...