InicioDeportesComeza a reforma da bancada de Marcador en Balaídos

Comeza a reforma da bancada de Marcador en Balaídos

A obra conta cun orzamento de 15,5 millóns de euros. O alcalde e a presidenta da Deputación de Pontevedra participaron no acto simbólico de colocación da primeira pedra.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, participaron este mércores no acto simbólico de colocación da primeira pedra da reforma da bancada de Marcador, no estadio municipal Abanca Balaídos, unha obra que conta cun orzamento de 15,5 millóns de euros, financiados a medias entre a administración local e a provincial.

No acto, no que tamén participaron concelleiros do goberno local e o delegado de Zona Franca, David Regades, o rexedor trasladou a súa “enorme emoción” polo inicio desta obra, que dá continuidade á rehabilitación xa feita das bancadas de Tribuna, Preferencia e Río.

Caballero, que volveu lembrar que os traballos só contan coa achega económica do Concello e a Deputación, incidiu en que a reforma do estadio forma parte da “gran transformación” da cidade e “dignifica” o fútbol na cidade, dando seguridade ás persoas que visitan Balaídos, xa que as instalacións estaban “abandonadas” desde había décadas.

Segundo lembrou o alcalde, a reforma, cun prazo de execución de ano e medio, inclúe a instalación dunha cuberta cun gran voo, máis de 6.400 butacas, nova iluminación, e oito ascensores, entre outros servizos.

Con respecto ás actuacións pendentes, Caballero avanzou que, en canto queden uns 9 meses para acabar a reforma de Marcador, iniciarase a licitación para a reforma da bancada que falta, a de Gol.

Así mesmo, sinalou que hai conversas con Zona Franca para construír un aparcadoiro subterráneo, por baixo da Avenida de Citroën, sen afectar máis o caude do río Lagares, xa “entubado” por baixo do estadio.

Pola súa banda, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, tamén se mostrou “inmensamente feliz” polo inicio desta obra, e sinalou a importancia de que haxa un estadio “á altura” da cidade e “dun gran equipo, como é o Celta”. “Cando estea acabada a reforma, Balaídos será un emblema da cidade, virá xente a visitalo como ocorre noutras cidades de Europa e do mundo“, proclamou.

ÚLTIMAS

Detido en Vigo por agredir á súa parella pese a orde de afastamento

A Policía Local de Vigo detivo a un home de 56 anos de idade...

Detidos tres homes polo violento asalto a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a 3 homes como supostos...

Detido tras ser sorprendido roubando no interior de varios vehículos

A Policía Local de Vigo detivo nas últimas horas a un home de 40...

Detectan vermes de mosquito tigre en Mos

A Consellería de Sanidade de Galicia informou este mércores da detección de vermes de...