InicioDeportesA UVigo participa do proxecto 'In Common Sports' para fomentar a práctica...

A UVigo participa do proxecto ‘In Common Sports’ para fomentar a práctica deportiva entre as persoas maiores

Esta liña de traballo tivo como precedente Olympics4All, un proxecto de deporte sénior impulsado en 2015 en Vila Nova de Cerveira.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O proxecto europeo ‘In Common Sports’, do que forma parte o grupo de investigación HealthyFit, da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da UVigo, estudará en seis países como fomentar a práctica deportiva entre as persoas maiores.

Así, esta iniciativa ten como obxectivo tanto desenvolver programas de actividade física e torneos deportivos para maiores de 65 anos, como analizar os efectos que estes teñen na súa calidade de vida e a influencia que ten a competición como factor de motivación.

Cun financiamento de máis de 350.000 euros e coordinado por Vila Nova de Cerveira, trátase ademais do único proxecto con participación da Universidade de Vigo seleccionado na última convocatoria deste programa comunitario.

“OLIMPÍADAS INTERXENERACIONAIS”

Esta liña de traballo tivo como precedente Olympics4All, un proxecto de deporte sénior impulsado en 2015 en Vila Nova de Cerveira, municipio que coordinará tamén o proxecto actual. A iniciativa de Olympics4All levou nos últimos anos á organización das “olimpíadas interxeracionais” en diferentes países.

De feito, está previsto que, se a covid-19 o permite, se desenvolvan ata 2023 un total de 18 torneos nos seis países, que involucrarán a máis de 500 maiores de 65 anos ao abeiro de In Common Sports: Fit, Food and Fun for Elderly, un proxecto seleccionado na última convocatoria do programa Erasmus + Sports.

No caso de España, esta actividade levarase a cabo de novo cos e coas participantes no programa de actividade física para maiores do Concello de Sanxenxo, cos que o grupo HealthyFit organizou en 2019, xunto co servizo de deportes, unha competición na que participaron máis de 100 persoas.

“Isto demostra que as cousas estanse facendo ben, porque é unha convocatoria á que se presentan gran cantidade de proxectos”, salienta o profesor José María Cancela, investigador principal do grupo HealthyFit.

PARTICIPACIÓN

Xunto á Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira e á Universidade de Vigo, o novo proxecto mantén como socios ao Instituto Politécnico de Viana do Castelo, ao municipio italiano de Cesena, á asociación Zoldpont de Hungría e ao municipio búlgaro de Aksakovo, aos que se suma o Instituto Público de Deportes da localidade eslovena de Nova Gorica.

Coordinado pola técnica da Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira Manuela Ferreira, o proxecto mantén tamén unha liña de traballo e investigación centrada no desenvolvemento de programas de actividade física e na organización de competicións de deporte sénior.

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- Non hai tempo para reformas mornas

Óscar Lomba Álvarez O mundo está a arder, e non é só a calor do...

Desaloxan a Cidade da Xustiza de Vigo tras saltar a alarma por unha persoa fumando nos baños

A Cidade da Xustiza de Vigo foi desaloxada tras saltar a alarma de incendios por unha...

Vigo “mostrou a súa forza” no concerto reivindicativo do AVE directo a Madrid, di Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballlero, asegurou este mércores que a cidade "mostrou a...

O TS confirma a sentenza contra Stellantis que recoñece o dereito dunha traballadora á conciliación

O Tribunal Supremo confirmou a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...