InicioDeportesO Celta abre a súa Cidade Deportiva con protestas de "pelotazo urbanístico"

O Celta abre a súa Cidade Deportiva con protestas de “pelotazo urbanístico”

Feijóo e Nidia Arévalo participan na inauguración da primeira parte do proxecto.

PUBLICADO O

O Real Club Celta inaugurou este sábado a primeira fase do polémico proxecto da Cidade Deportiva Afouteza, nun acto no que participaron destacados dirixentes do PP, e que presidiu o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo e a alcaldesa de Mos, a tamén popular Nidia Arévalo.

Durante o acto, o presidente do RC Celta, Carlos Mouriño, manifestou que con este proxecto o Real Club Celta “segue crecendo” xa que a nova cidade deportiva “está en camiño de converterse das mellores en España”.

Esta primeira fase do proxecto xa conta con tres campos de fútbol e zona de tecnificación e instalacións interiores con vestiarios, ximnasio, sala de fisioterapia, oficinas, sala de prensa, set de televisión e comedor. O proxecto contempla na súa totalidade a construción de nove campos de fútbol e un edificio que crecerá ao redor deles.

“Con este proxecto, o RC Celta quere situarse como un referente internacional e consolidarse co seu obxectivo de apontoar a formación dos xogadores de canteira, que xa é recoñecida polo seu éxito”, apuntan desde o club vigués.

“PELOTAZO URBANÍSTICO”

Unha postura moi diferente a que mantén a veciñanza de Tameiga –onde se sitúa o complexo– que denuncia un novo “pelotazo urbanístico” apoiado pola Xunta e polo PP e que rexeitan tamén o resto de formacións políticas, incluído o rexedor de Vigo, Abel Caballero. Por iso, e como fixeron hai un ano, amosaron o seu rexeitamento cunha protesta en forma de faixas colocadas na entrada das controvertidas instalacións.

“Sabemos que este acto dos promotores do pelotazo urbanístico nos montes comunais non inagura nada, as obras están sen rematar e terán que enfrentarse ás múltiples denuncias que poñen en tela de xuizo a súa legalidade. Este acto é so unha escenificación máis para presentar o seu delirio como un feito consumado e que a veciñanza se dea por vencida e renuncie a defender o ben común”, critican nun comunicado.

Así, lembran que este proxecto servirá para expropiar e recalificar o resto do monte. “Non esquezamos que o seu despropósito ambiental é urbanístico abrangue un millón de m2 de solo rústico de especial protección”, din.

ÚLTIMAS

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...

Poñen marcha un servizo de aluguer de bicis eléctricas en Vigo, dispoñibles en sete aparcadoiros da cidade

A compañía Welgood puxo en marcha un servizo de aluguer de bicicletas eléctricas en...