InicioDeportesO Real Club Celta presenta a súa nova camiseta, que engade un...

O Real Club Celta presenta a súa nova camiseta, que engade un tríscele céltico tradicional

Este símbolo celebra o 95 aniversario do equipo vigués.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Seguen chegando novidades para a próxima tempada do Real Club Celta. Á chegada de Antonio Mohamed como adestrador sumamos este xoves a presentación en redes sociais da nova primeira equipación, cunha camiseta que inclúe un tríscele céltico tradicional na súa zona inferior. En canto á segunda e terceira, descoñécese aínda a elección de marcas e deseñadores.

O trisquel estará na parte inferior dianteira da camiseta con motivo do 95 aniversario do equipo (1923-2018), e continúan con Estrela Galicia como patrocinador principal.

O tríscele é un símbolo xeométrico formado por tres brazos en espiral que se unen nun punto central, configurando a forma dunha hélice, parecido á esvástica (tamén un símbolo celta, que foi apropiado polo movemento nazi no século XX).

Celta de Vigo
Iago Aspas, celebrando as vitorias do Celta en Europa /Miguel Nuñez

Ten tes brazos, como era o tres un número sagrado para os celtas, representando a perfección e o equilibrio que buscará o conxunto celeste no seu xogo para acadar de novo postos europeos e pelexar polas cotas máis altas.

A simboloxía do trídvrlr é longa de contar, dende a “aprendizaxe perpetua” ata o “equilibrio entre corpo, mente e espírito”, e se lle chegou a atribuír mesmo capacidade sanadora e incluso utilizar como talismán, o que non virá mal ao conxunto vigués para posicionarse na zona alta da clasificación. 

A terceira espiral, a triskillan, representaría tamén “o duro camiño do alma”, a partir de agora tamén o duro camiño á clasificación europea.

 

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...