InicioDeportesAbanca Balaídos, o novo nome do estadio municipal de Vigo

Abanca Balaídos, o novo nome do estadio municipal de Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

O estadio municipal de Balaídos terá un nome, cando menos, un “nome oficial”. E aparece logo do acordo entre Abanca e o Real Club Celta por un período de 10 anos que inclúe, entre outras cuestións, renomear o estadio.

Así o comunicaron o conselleiro delegado de Abanca, Francisco Botas, e o presidente do Celta, Carlos Mouriño, na presentación do acordo, celebrada este luns na sede do Celta, en Vigo, onde descartaron achegar información sobre a contía pola que se subscribe o convenio.

Acerca de se o Concello de Vigo coñecía que se ía a renomeaar o estadio e deu o seu visto e prace, Mouriño dixo que “si” o falaron “en varias ocasións previamente co alcalde, e sabía que practicamente –estaba– feito”.

Neste marco, engadiu que o convenio entre o Concello e o club establece que este último pode explotar a publicidade, e “isto é parte da publicidade”. Por iso, considerou que “non haberá inconveniente ningún por parte da Alcaldía”.

ÚLTIMAS

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Un estafador reincidente enfróntase a seis anos de cárcere por falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou este...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...