InicioDeportesA peor primeira volta do Celta na Liga en 30 anos

A peor primeira volta do Celta na Liga en 30 anos

O Celta só conseguiu tres vitorias, seis empates e dez derrotas, un balance que só empeorou no campionato 1989-90. A dinámica do equipo, os seus resultados e pobre xogo deberían poñer a Óscar García Junyent na porta de saída do clube, ao non mellorar a proposta de Fran Escribá.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Celta de Vigo asinou esta tempada a súa peor primeira volta en 30 anos, despois de alcanzar o ecuador do curso ligueiro cun balance de tres vitorias, seis empates e dez derrotas, un balance que só empeorou no campionato 1989-90.

Aquela tempada o conxunto celeste a estas alturas da Liga era penúltimo con unicamente doce puntos, e acabaría perdendo a categoría tras unha segunda volta na que, a pesar de cambiar de adestrador ata en tres ocasións, só sumou dez puntos.

Na tempada 1992-93, a seguinte en Primeira tras aquel descenso, e na 93-94 chegou ao ecuador do campionato con 16 puntos, un máis que o que suma actualmente o equipo dirixido por Óscar García Junyent.

Mesmo nos seus últimos dous descensos o Celta pechou a primeira volta con máis puntos que agora. A campaña 2003-04 descendeu con 39 puntos, dos cales 20 conseguiunos na primeira parte do campionato; e no curso 2006-07 chegaron á metade do curso con 21 e acabaron perdendo a categoría con 39.

A situación actual do equipo non convida ao optimismo. A xunta directiva segue xogando á sorte fichando adestradores sen ningún tipo de garantía, agora con Óscar García Junyent, que non desmostrou ser quen de cambiar a dinámica do equipo e ao que os resultados e o pobre xogo do equipo deberían poñelo na porta de saída do clube.

ÚLTIMAS

PP ve o adianto electoral a “mellor para España” e BNG cre que é unha “oportunidade” de “apoio masivo”

O PP de Vigo cre que o adianto electoral anunciado por Pedro Sánchez este...

Eleccións.- Caballero afirma que o PSOE “sae a gañar” e acusa a Feijóo de non resolver o problema da vivenda

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, vaticinou que a oposición terá "castigo" por ser...

O alcalde de Vigo: “Sánchez fará o que mellor lle conveña a España”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, manifestou que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez,...

Tensión tras as ameazas dun home armado cun machete en Vigo

Un home armado cun machete xerou momentos de tensión en Vigo tras un incidente...