InicioDeportesBalaídos cheira a Segunda

Balaídos cheira a Segunda

Un Celta impotente, con enormes lagoas defensivas e sen saber a que xoga, deixa escapar a vitoria ante un Mallorca cun xogador menos (2-2).

PUBLICADO O

- Advertisement -

O cheiro a Segunda División é cada vez maior en Balaídos. O Celta segue amosando os mesmos defectos que arrastra de tempadas anteriores. Xogo previsible, pouca mobilidade, impotencia, lagoas defensivas… A incapacidade dos celestes para manexar os partidos fai que equipos como o Mallorca saquen tallada. Os das islas sumaron o seu primeiro punto lonxe de Son Moix (2-2) grazas a un gol do croata Ante Budimir a falta de sete minutos e cando o seu equipo xogaba cun home menos por expulsión de Raillo.

O Celta de Vigo, incapaz de matar o duelo, seguirá na zona de descenso unha xornada máis tras encadear o seu terceiro partido seguido sen gañar en Balaídos.

Óscar García Junyent sorprendeu cun once no que estaban Kevin Vázquez, en lugar do capitán Hugo Mallo, e Brais Méndez, no canto de Santi Mina. Tamén regresaron ao once Pione Sisto e Lobotka, suplentes en Butarque.

O Celta saíu a dominar, cun Rafinha omnipresente. O ex azulgrana participou en todas as accións de perigo dos celestes. Da súa primeira conexión con Aspas saíu un potente disparo que se marchou fóra por pouco. Antes xa rozara o gol cun rebote que se envelenou o xusto para poñer en aprietos ao porteiro visitante.

Co Mallorca replegado, o Celta abriu o xogo ás bandas, sobre todo cara a á esquerda, onde Lucas Olaza exhibiu o seu fantástico golpeo. Un centro seu orixinou o primeiro tanto, despois dun espectacular remate de cabeza de Rafinha. Reina seguiuno coa mira. Era o minuto 20.

Pero a alegría apenas lle durou dez minutos ao conxunto galego. De Burgos Bengoetxea, despois de revisar a acción tras ser informado polo VAR, sinalou penalti por un pisotón de Aidoo sobre Budimir, moi protestado polos locais. Salva Sevilla puxo a igualada.

O tanto do empate danou ao Celta, que aínda así gozou dunha boa ocasión ao fío do descanso para poñerse de novo por diante, despois doutro gran centro de Olaza: Brais Méndez rematou alto.

Vicente Moreno, técnico do Mallorca, moveu ficha no intermedio para ter maior presenza en ataque con Cucho, pero o seu equipo atopouse pronto cun penalti en contra por unha infantil falta do colombiano sobre Olaza. Iago Aspas puxo o 2-1 desde os once metros aos cinco minutos da continuación.

Estirouse moito máis o conxunto bermellón, e o Celta atopou os espazos para saír ao contraataque. Nun deles, Iago Aspas estivo preto de plantarse no man a man ante Reina. Evitouno Valjent, moito máis rápido na carreira que o internacional español. Ao partido faltáballe ritmo polas continuas interrupcións.

Puido matar o encontro o Celta cun disparo de Pione Sisto que salvou, baixo paus, Valjent; e pagouno despois porque o Mallorca, cando xogaba con dez por expulsión de Raillo, igualou cun tanto do croata Budimir a falta de sete minutos para o final. Na prolongación, Reina cunha gran parada evitou o dobrete de Aspas e Santi Mina disparou lixeiramente desviado.

Un empate que sabe a derrota, xa que o Celta tiña a oportunidade de superar na táboa da clasificación ao Mallorca e saír así dos postos de descenso.

ÚLTIMAS

Papá Noel toma un ano máis as rúas de Vigo en moto

Miles de papanoeles en moto déronse cita, un ano máis, este sábado para percorrer...

OPINIÓN.- “A hemeroteca do Faro de Vigo: un patrimonio que debe ser accesible a todos”

A hemeroteca do Faro de Vigo é un tesouro cultural e histórico que contén...

Un vigués entre os 11 detidos por facer grafitis en trens de Cataluña

Unha operación conxunta entre Policía Nacional, Mossos d'Esquadra e Garda Urbana de Barcelona (GUB)...

Tres excarcerados tras o choque de dous vehículos na A-55 en Mos

Tres persoas tiveron que ser excarceradas nun aparatoso accidente entre dous coches ocorrido na...