InicioDeportesO Celta afúndese aínda máis coa axuda dos árbitros

O Celta afúndese aínda máis coa axuda dos árbitros

Óscar García destaca que "aínda se pode facer unha boa tempada se remamos todos".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Celta colleitou unha nova derrota e, desta volta, contra un rival directo como é o Leganés, en boa parte, debido a unha decisión arbitral, como xa está acontecendo nos últimos partidos. Óscar García seguen sen pegada como adestrador, a diferencia do mexicano Javier Aguirre que logrou a súa primeira vitoria á fronte do Leganés.

Unha victoria na que tivo que ver, e moito, Óscar Rodríguez, con dous golazos, pero na que o Celta estivo a piques de empatar tras ir perdendo por 3-0 e tras quedar, na segunda parte, cunxogador menos pola expulsión de Gabriel Fernández.

Un feito que destacou o adestrador celeste, aínda que quixo suliñar a actitude dos seus xogadores para tentar sobreporse á adversidade. “Viuse unha reacción moi boa do equipo porque con todos os condicionantes, 3-1 no marcador cun menos, merecémonos marcar algún gol máis nos últimos minutos. Iso dime que os xogadores teñen ganas de reaccionar”, dixo.

“Xa sabía antes de chegar que tería moito traballo e por iso estou aquí. Queda moita liga por diante e estou convencido de que entre os xogadores, o corpo técnico e a afección, se remamos todos xuntos imos acabar facendo unha boa tempada”, engadiu.

“O Leganés na primeira parte fixo dous disparos e marcou dous goles. Tivemos o control, a posesión, pero sen ser profundos, e faltounos mobilidade para chegar á portaría rival”, comentou. “Na segunda entramos mellor, pero non podemos desaproveitar minutos, parece que necesitamos un golpe para reaccionar. Temos que facelo antes, saír con mentalidade de querer gañar o partido”, agregou.

ÚLTIMAS

Vigo sen Bombeiros manifestarase este sábado para volver reclamar máis efectivos tras a morte de Sergio S.D.: “Xa se pagou un prezo moi caro”

A plataforma Vigo sen Bombeiros convocou unha manifestación para este sábado, ás 19.00 horas na Praza...

A Xunta critica ao Concello de Vigo por non poñer buses lanzadeira a Lavacolla

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, destacou este mércores a "resposta...

Entradas para o Galicia-Panamá se doas sangue

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e a Real Federación Galega de Fútbol volverán desenvolver...

Adxudicado pola vía de emerxencia o servizo de transporte sanitario urxente da área a Emerxencias Sanitarias-Saluser

A Xunta, a través da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, adxudicou o servizo de transporte sanitario...