InicioDeportesCarlos Mouriño: "O responsable pola mala tempada do Celta son eu"

Carlos Mouriño: “O responsable pola mala tempada do Celta son eu”

"Sen dúbida é o xogador máis importante da historia, por implicación e por xogo", di de Iago Aspas

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente do Celta de Vigo, Carlos Mouriño, pediu este venres “perdón” aos afeccionados do equipo por unha tempada que cualificou de “moi mala”, e avanzou que a idea da dirección deportiva é reforzar o equipo con “dous centrais, tres puntas e un mediocentro”.

“Teño que pedir desculpas á afección, aos vigueses e ao celtismo por esta tempada. Fixemos unha mala tempada. Confeccionamos o equipo pensando que fixeramos un gran equipo, logo demostrouse que non funcionou”, declarou Mouriño, quen asumiu toda a responsabilidade: “Se queren buscar un culpable, ese son eu”.

CAUSAS IDENTIFICADAS

O máximo accionista da entidade sinalou que as razóns do fracaso deportivo téñenas “moi identificadas” e “bastante claras”, as cales pasan, segundo dixo, porque ficharon “xogadores de gran calidade pero con menos traballo”.

O presidente negou que negociasen con outro adestrador, “o mesmo día que conseguimos a salvación comunicóuselle ao adestrador que continuaba”, e non aclarou o futuro deportivo do porteiro Sergio Álvarez e o defensa arxentino Gustavo Cabral.

Equipación Celta / © Miguel Núñez

SERGIO ÁLVAREZ E CABRAL

“Sergio é un dos símbolos do celtismo e posiblemente o día que decida retirarse terá un sitio neste club como antes o tivo Borja Oubiña. Se quere fichar tres anos por un equipo, nós apoiarémolo, e se se quere quedar un ano máis aquí, estaremos encantados”, dixo sobre a meta galego.

Sobre Cabral comentou que “non é a primeira opción” do Celta para o posto de central, aínda que se non conseguen pechar algunha das incorporacións que están a buscar ofreceranlle a renovación: “Se quere esperar a ver se contamos con el, estamos encantados”.

Carlos Mouriño confesou que Iago Aspas é un futbolista “irremplazable”, ao que será difícil substituír como no seu día sucedeu co brasileiro Mazinho ou o ruso Mostovoi: “Sen dúbida é o xogador máis importante da historia, por implicación e por xogo”.

ÚLTIMAS

A Xustiza de Vigo rexeita ampliar o permiso de paternidade a 22 semanas como o das nais

O xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo desestimou a demanda interposta por un...

A Axencia Tributaria desarticula en Vigo e outras cidades unha ‘macrotrama’ que defraudou 300 millóns en IVE

A Axencia Tributaria desmantelou unha das maiores redes de defraudación de IVE no sector...

Falece Gonzalo Caballero Álvarez, irmán do alcalde de Vigo e pai do exlíder do PSdeG e

Gonzalo Caballero Álvarez, pai do exsecretario xeral do PSdeG Gonzalo Caballero Míguez e irmán...

Un choque de dúas lanchas remata con dous feridos en Baiona

Dúas lanchas motoras chocaron este mércores no porto deportivo de Baiona e deixaron dúas...