InicioDeportesO Marisquiño contará cunha nova proba: baloncesto 3 contra 3

O Marisquiño contará cunha nova proba: baloncesto 3 contra 3

A XVIII edición de O Marisquiño celebrarase os días 10, 11 e 12 de agosto no Porto de Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A próxima edición do Festival O Marisquiño terá entre as súas novidades a incorporación dunha proba de baloncesto, clasificatoria para o 3×3 Circuíto World Tour e os xogos de Tokio. Participarán nesta competición un total de 12 equipos, nacionais e internacionais. O equipo gañador, ademais, competirá na proba Challenger de Berlín en setembro.

A modalidade 3×3 de basket está considerada coma o deporte urbano número un no mundo, e dende o seu primeiro evento oficial durante os Xogos Olímpicos da Xuventude no 2010, a Federación Internacional de Baloncesto (FIBA) desenrolou unha gran estratexia de difusión para que este deporte, co obxectivo cumprido de que estea nas probas olímpicas de Tokio 2020.

A proba do festival galego será puntuable de cara á clasificación olímpica.

O 3×3, que contará cun espazo propio durante O Marisquiño, xógase nunha media cancha de 15 x 11 metros, con tres xogadores por equipo e 10 minutos de partido nos que acadar 21 puntos. As canastras valen 1 punto dende dentro do arco e 2 dende fóra. O primeiro equipo en chegar a esta cantidade ou quedar máis cerca ao remate do encontro será considerado vencedor. No caso de empate, xogarase un tempo adicional ata que un equipo anote 2 puntos, o que a converte nunha proba dinámica.

Para O Marisquiño trátase dunha oportunidade única para internacionalizar aínda máis o evento, colaborar cunha institución de recoñecido prestixio como a FIBA e situar ao festival e a súa oferta deportiva como unha das máis completas de Europa.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...