InicioDeportesTania Castiñeira (Hebe Moaña), gañadora da President Cup de taekwondo celebrada en...

Tania Castiñeira (Hebe Moaña), gañadora da President Cup de taekwondo celebrada en Atenas

PUBLICADO O

- Advertisement -

Rematou a President Cup de Atenas e non o puido facer de mellor maneira para Galicia. Tania Castiñeira, do clube Hebe Moaña, a nosa última representante neste torneo, logrou a medalla de ouro no peso pesado da categoría júnior feminina e ademais acadou a clasificación para o Campionato de Europa sub 21.

Tania venceu en todos os seus combates con folgura. Comezou a súa marcha pola President Cup contra a grega Eirini Tsogka e venceu cun contundente 17-5. En segunda rolda esperaba a turca Dilara Arslan, que está clasificada para os Xogos da
Xuventude. Pero Tania seguiu intratable e gañou por 16-4.

Nos cuartos de final, a rival era a rusa Linara Muslimova e novamente control absoluto da deportista do Hebe que se impuxo por 9-3. Na semifinal, Tania impúxose a Sevasti Gavriilidou (Grecia) por 11-4. E rematou a súa actuación en Atenas, co quinto e último combate fronte a Tuba Donukara (Turquía) a quen venceu por 6-2.

Así, pechouse para Galicia a Copa Presidente de Atena co ouro de Tania Castiñeira e os bronces dos cadetes Julián Feijoó (Couto) e Cloe Iglesias (Patiño).

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...