InicioDeportesA mellor "xogada do Celta" non foi só na remontada contra o...

A mellor “xogada do Celta” non foi só na remontada contra o Betis

PUBLICADO O

- Advertisement -

O paso dos neofascistas seareiros do Betis deron que falar ese fin de semana en redes e na prensa lusa que non pasaron por alto a resposta do clube aos cánticos e saudos fascistas en Balaidos.

Como resposta a estes cánticos, o celta fixo sonar na megafonía do estadio cancións como o Bella Ciao ou Grândola Vila Morena, símbolos da resistencia antifascista en Italia e Portugal. Un detalle que non pasou desapercibido nos principais medios de comunicación lusos.

Antecedente de sancións por feitos similares

O Comité de Apelación da UEFA impuxo hai 4 meses ao Atlético de Madrid unha multa de 30.000 euros polos saúdos nazis dalgúns dos seus afeccionados durante o partido da segunda xornada da liga de Campións contra o Benfica no estadio Dá Luz de Lisboa.

Ademais, tamén acordou sancionar á entidade madrileña coa prohibición da venda de entradas aos seus afeccionados como visitantes durante un partido de competición europea, aínda que dita suspensión queda supeditada a que non se repitan ese tipo feitos nun período dun ano.

De momento LA LIGA nin a RFEF pronunciáronse sobre o asunto.

ÚLTIMAS

Desmantelan en Mos unha festa rave

A Garda Civil de Pontevedra, a través do Grupo de Información da súa comandancia, informou sobre...

Rescatan a varios veciños dun edificio en chamas en Vigo

Os Bombeiros de Vigo rescataron a varios veciños dun edificio en Vigo no que...

Defensor do Pobo aproba a xestión de Vigo no incendio do edificio Alfonso X e critica á Xunta

O Defensor do Pobo emitiu un informe en resposta á solicitude de atención formulada...

OPINIÓN.- Vigo: Un plan de transporte para o futuro

A cidade de Vigo atópase nun momento crucial da súa historia. O crecemento desordenado...