InicioDeportesO TSXG valida o Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións para a...

O TSXG valida o Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións para a Cidade Deportiva do Celta en Mos

Os comuneiros de Tameiga presentaron recurso contencioso administrativo contra o acordo do pleno que, en xullo de 2022 (co voto contrario de PSOE, BNG e GañaMos), daba luz verde definitiva a ese plan.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ditou sentenza pola que desestima un recurso da Comunidade de Montes de Tameiga e valida o Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións, PEID, aprobado polo pleno de Mos para dar cobertura ás instalacións da Cidade Deportiva do Real Club Celta neste municipio.

Os comuneiros presentaron recurso contencioso administrativo contra o acordo do pleno que, en xullo de 2022 (co voto contrario de PSOE, BNG e GañaMos), daba luz verde definitiva a ese plan. Entre os seus argumentos, alegaron que había unha sentenza previa que anulaba as licenzas de obra duns vestiarios e unhas instalacións auxiliares na Cidade Deportiva, que había afección ás redes de captación de auga, ou que non se solicitou informe da Deputación Provincial, a pesar de que hai estradas provinciais afectadas.

Na súa sentenza, do pasado 20 de maio, o alto tribunal galego expón que este Plan dá cumprimento á sentenza que anulou as licenzas dos vestiarios, xa que precisamente estas eran ilegais por carecerse dun Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións. Igualmente, expón que non é necesario un informe da Deputación porque non está acreditada a afección a estradas provinciais. Así mesmo, con respecto ás captacións de augas, o TSXG sinala que o PEID contempla unha proposta de abastecemento e que, ao non haber preto rede municipal, optouse por unha modificación da concesión de captación que o Celta ten outorgada por parte da Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

Trátase, expón o tribunal, dunha captación “válida” e, ademais, o sistema de abastecemento da Cidade Deportiva non incorre en invasión de zonas protexidas nin evidencia un “uso lesivo ao medio ou risco de accidente”. Finalmente, entre outras consideracións, o TSXG sinala que o Plan aprobado polo Concello de Mos non incumpre o documento ambiental estratéxico. Por todo iso, acordou desestimar o recurso, aínda que a sentenza non é firme e contra ela cabe recurso de casación.

VALORACIÓN DA ALCALDESA

Ante este fallo, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo (PP) celebrou que a xustiza “volve dar a razón” ao goberno local, mentres que “a Comunidade de Montes de Tameiga está a quedar en evidencia e no lugar que lle corresponde”, tras actuar con “evidente mala fe” e “intencionalidade política”. Arévalo celebrou que “o tempo dá e quita razóns”, e estalle “quitando a careta” aos comuneiros, que “poñen o interese político por encima do ben común”. “Un interese que os levou a mentir, falsear documentación, enganar á poboación, xerar alarma social (…) nós seguiremos defendendo a verdade e os intereses de Mos por encima de todo”, proclamou a rexedora mosense.

ÚLTIMAS

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Un accidente na Ponte de Rande provoca retencións na AP-9

Un accidente na ponte de Rande provoca retencións na autoestrada AP-9 en dirección Pontevedra,...

Prohibida a pesca do choco nas rías de Vigo e Pontevedra durante máis de tres meses

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves as resolucións da Consellería do...

PP e BNG de Vigo acusan que se impediu aos feirantes acdeder ao Concello e o goberno local négao

Os grupos municipais do PP e o BNG criticaron este xoves que se impediu...