InicioDeportesClaudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

Desde que se fixo cargo do primeiro equipo Giráldez na xornada 29 de Liga, o equipo galego sumou catro de nove puntos posibles, o que colocou ao Celta, con 28 puntos, tres por encima dos postos de descenso a falta de sete xornadas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC Celta, e continuará á fronte do equipo vigués ata xuño de 2025, ampliando así a súa vinculación co clube unha tempada máis, tal e como comunicou o conxunto galego a través dun comunicado. Club e adestrador selaron nas últimas horas un acordo que pecha a súa continuidade e a dos integrantes do actual corpo técnico do preparador celeste ata finais da próxima tempada.

Giráldez, natural de Porriño, arrincou a súa traxectoria no clube en xullo de 2015, cando se uniu á estrutura do RC Celta para dirixir, con “gran éxito”, diversos equipos de base. Na tempada 21-22, fíxose cargo do equipo xuvenil quedando campións da División de Honra. Así, a seguinte tempada fíxose cargo do Celta Fortuna, e durante ese período, o equipo logrou alcanzar o playoff de ascenso a Segunda División.

Comprometido coa filosofía do clube, o técnico representa as raíces e os valores que diferencian ao RC Celta no ámbito nacional e internacional. Uns valores polos que o RC Celta confía plenamente en Claudio Giráldez para continuar á fronte do primeiro equipo a próxima tempada”, conclúe o comunicado do clube. Desde que se fixo cargo do primeiro equipo Giráldez na xornada 29 de Liga, o equipo galego sumou catro de nove puntos posibles, o que colocou ao Celta, con 28 puntos, tres por encima dos postos de descenso a falta de sete xornadas.

ÚLTIMAS

O BNG de Vigo propón un plan de 9,5 millóns de euros para frear os desafiuzamentos na cidade

O BNG de Vigo reclamou ao Concello a posta en marcha dun plan municipal...

A Fiscalía pide cárcere para un taxista e un albanel por senllas agresións sexuais en Vigo

A sala do Penal 3 de Vigo acollerá este mércores o xuízo contra un...

Piden 25 anos de cárcere para un home por acosar e ameazar de morte a xuíces, policías e avogados de Vigo

Un home enfróntase a penas que suman 25 anos de prisión como suposto autor...

A Audiencia de Pontevedra xulga a semana que vén a dous homes por agresións sexuais a menores

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá a vindeira semana dous xuízos...