InicioDeportesOs túneles e miradoiros das murallas de Monçao, un fermoso reto deportivo...

Os túneles e miradoiros das murallas de Monçao, un fermoso reto deportivo para galegos e portugueses

PUBLICADO O

- Advertisement -

Fortaleza da vila e monumento nacional desde o 16 de xuño de 1910, a Fortaleza de Monçao xunta cerca de 300 atletas portugueses e galegos na cuarta edición do Trail Urbano Murallas de Monção (TUMM), marcada para este domingo, 30 de setembro.

A fortaleza de Monção ergueuse sobre o río Miño en tempos pasados co propósito de soster as arremetidas do Reino de Castela. En tempos actuais, é unha valiosa tarxeta de visita para quen lle gusta de pasear tranquilo co ollar preso na paisaxe.

Trail Urbano Murallas de Monçao/ Municipio de Monçao

Dada a súa beleza, serve tamén como espazo de ocio e deporte. O próximo domingo, 30 de setembro, recibe a cuarta edición do Trail Urbano Murallas de Monção (TUMM). Este ano, a organización incluíu na axenda tres probas de trail, con 15, 12 e 9 quilómetros, e dúas camiñadas na distancia de 12 e 9 quilómetros.

Trail Urbano Murallas de Monçao/ Municipio de Monçao

Esta proba deportiva e recreativa, que mestura a compoñente física e mais a beleza paisaxística, ten inicio ás 10h00 no Parque das Caldas, e conta coa presenza aproximada de 300 atletas portugueses e galegos. Entre estes, o concelleiro da acción social, cultura e turismo, João Oliveira.

Trail Urbano Murallas de Monçao/ Municipio de Monçao

O percorrido desenvólvese polos baluartes, miradoiros, túneles e grutas da zona amurallada de Monção, comezando e terminando no Parque das Caldas, que ofrece diversos atractivos para quen procura descanso e lecer.

Trail Urbano Murallas de Monçao/ Municipio de Monçao

ÚLTIMAS

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...