InicioCulturaIván Fernández, elixido mellor orador do I Torneo Nacional de Debate Retórica...

Iván Fernández, elixido mellor orador do I Torneo Nacional de Debate Retórica da UVigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

O estudante de cuarto curso de dobre grao de Administración e Dirección de Empresas-Dereito da Universidade de Vigo (UVigo), Iván Fernández, foi elixido como mellor orador do I Torneo Nacional de Debate Retórica da UVigo, celebrado na cidade olívica entre o venres, 25 de novembro, e o domingo, 27 de novembro.

“Conseguir isto en casa, no primeiro torneo que organiza a nosa asociación, é un auténtico orgullo, todo un recoñecemento a todo o traballo, non só do meu equipo, senón de todos os meus compañeiros”, sinalou Fernández.

Iván Fernández xogou a final exercendo o papel de refutador dun do tres equipos cos que participou no torneo a UVigo. O grupo, que estaba conformado por Hernán Comesaña e Sara Hernández, caeu na final contra o equipo da Universidade de Santiago de Compostela, que finalmente foi proclamado mellor equipo da competición.

“Foi unha final de gran calidade, dos debates que máis gocei en toda a miña traxectoria”, explicou Fernández. “A verdade é que o equipo contrario tiña preparados moi bos argumentos e penso que a ningún dos dous equipos nos que quedou nada por dicir”, engadiu.

O Diario Oficial da UVigo (DUVI) destacou que esta foi a quinta competición na que Fernández participou. “Este foi o primeiro torneo da tempada e antes do Nadal non imos acudir a ningún máis polos exames, pero no que resta de curso hai moitos torneos por diante”, recalcou Fernández.

ÚLTIMAS

A Xunta autoriza a licitación de 55 vivendas públicas en San Paio de Navia

O Consello da Xunta deu luz verde á licitación do contrato de execución das...

A ‘guerra’ de pantallas non dá tregua: Abel Caballero chama aos vigueses a ver a semifinal nunha “pantalla xigante de verdade”

A peculiar 'guerra' entre Deputación de Pontevedra e Concello de Vigo pola instalación de...

Condenado a tres anos de prisión un home por tráfico de drogas

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a condena de tres anos...

Saen dous camións de bombeiros de Vigo cara a Ucraína

O Concello de Vigo formalizou a doazón de dous camións de bombeiros a Ucraína,...