InicioCulturaI Torneo Nacional de Debate Retórica da UVigo

I Torneo Nacional de Debate Retórica da UVigo

Participan dez equipos de sete universidades diferentes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O I Torneo Nacional de Debate Retórica da Universidade de Vigo (UVigo) comezou este venres no Edificio Redeiras (Vigo) coa participación de dez equipos de sete universidades diferentes (UVigo, Universidade de Santiago de Compostela, Universidade da Coruña, Universidade das Illas Baleares, Universidade Abad Oliba CEU (Barcelona), CUNEF Universidade (Madrid) e a Universidade de Xaén).

Segundo informou o Diario Oficial da Universidade de Vigo (DUVI), nesta primeira xornada dividíronse os equipos participantes en dúas ligas, conformadas por cinco equipos cada unha, dos cales pasarán á seguinte rolda os dous primeiros, equipos que se enfrontarán entre si en varias eliminatorias ata chegar á gran final.

Todos os debates realizados este venres viraron sobre a mesma pregunta: A transición á enerxía verde garantirá a autosuficiencia enerxética da Unión Europea?

Tal e como destacou o DUVI, detrás de cada un dos debates, atópanse observando cada detalle tres xuíces que son os encargados de decidir que equipo é merecedor de gañar cada un dos enfrontamentos.

Por parte da UVigo, participan neste torneo, que durará ata este domingo, 27 de novembro, tres equipos que están conformados por 11 estudantes. “Todos son membros da asociación Retórica”, explicou o presidente da Asociación de Debate Universitario Retórica da UVigo, Santiago Janeiro.

ÚLTIMAS

A Universidade de Vigo aproba o orzamento máis alto da súa historia con 251,1 millóns para 2026

O Consello Social da Universidade de Vigo (UVigo) ratificou este luns o orzamento da...

Vigo licita o servizo de transporte urbano para os próximos nove anos por case 196 millóns

A xunta de goberno local de Vigo aprobou este luns a licitación do transporte...

A Policía Nacional desarticula en Vigo unha banda que asaltaba a empresarios chineses en toda España

A Policía Nacional desarticulou en Vigo un grupo criminal colombiano especializado en asaltar a...

A Xunta urxe a Vigo a sinalizar o Camiño para evitar que os 90.000 pelegríns se “perdan”

A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e o director da Axencia de...