InicioCulturaCase medio centenar de cintas proxectaranse esta semana no Festival de Cinema...

Case medio centenar de cintas proxectaranse esta semana no Festival de Cinema Inclusivo de Vigo

O certame, que comeza este martes e finaliza o vindeiro sábado, dividirá as súas 47 proxeccións en catro categorías a concurso

PUBLICADO O

- Advertisement -

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, participou este luns na presentación do VII Festival do Cinema Inclusivo da cidade, que abrirá as súas portas este martes e no cal se proxectarán 47 cintas ao longo desta semana.

Tal como informou a Xunta nun comunicado, o Cinema Salesianos, o Museo Marco e o Auditorio Municipal acollerán ao público que se achegue a gozar das diferentes películas do festival, que este ano rende homenaxe póstuma ao director Roberto Pérez Toledo.

“Xa sodes unha referencia en moi pouco tempo e todo isto cun obxectivo social como é o de dar a coñecer, apoiar e valorar proxectos cinematográficos realizados por e para a inclusión, a igualdade e a difusión universal da sétima arte”, reivindicou Fernández-Tapias no acto de inauguración.

O certame, que comeza este martes e finaliza o vindeiro sábado, dividirá as súas 47 proxeccións en catro categorías a concurso. Todas elas de acceso libre ata completar aforamento.

Ademais, o festival servirá para presentar o documental autobiográfico de Gonzalo Suárez, codirector do certame, que conta como o entrar no equipo de baloncesto Amfiv cambioulle a vida, despois de quedar en cadeira de rodas por un accidente.

No evento tamén se proxectarán películas do director Roberto Pérez Toledo, ao que se lle concederá o premio honorífico do festival tras falecer este ano. O canario quedou aos 14 anos en cadeira de rodas e foi un referente do cinema comprometido coa defensa dos dereitos da comunidade LGTBI+.

ÚLTIMAS

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...