InicioCulturaPonteareas celebra o éxito do Festival Groba

Ponteareas celebra o éxito do Festival Groba

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un auditorio a piques de colgar o cartaz de “cheo”, un público profesional e afeccionado e un escenario con algúns dos mellores músicos do panorama estatal e internacional fan que pasado o ecuador da sexta edición do Festival Groba, a organización e o concello de Ponteareas aseguren que esta última edición está sendo un éxito.

Todos aqueles que aínda non desfrutaron da música clásica aínda o poden facer ata o venres 24 de agosto, cando a VI edición do Festival Groba se despedirá co concerto de clausura no auditorio municipal ás 21 horas.

O pasado mércores, os asistentes gozaron da actuación dos músicos Rogelio Groba (violín), Alba Reirís (cello) e Javier Vázquez (piano) interpretando unha foliada, unha cantiga, unha muiñeira, un alalá e unha pandeirada do mestre Rogelio Groba.

Festival Groba/ Concello de Ponteareas

Hércules Brass, composto por Alejandro Vázquez (trompeta), Victor Vilariño (trompeta), Javier González (trompa), Esteban Méndez (trombón) e Rodrigo Rodríguez (tuba) interpretaron dúas pezas renacentistas, a suite Dardanus, a suite Americana, Quintet, Cavalleria Rusticana Intermezzo e Distorsiones Ubedianas (Impetuosas, No espello e Fulgurantes).

Este xoves 23 de agosto, o Festival saíu do auditorio para tomar o salón de plenos.  A música clásica materializouse grazas ao Cuarteto Ophir con Amanda Nessa (violín), Adriano Ortega (violín), Pablo Quiroga (viola) e Meritxell Llorens (cello) que agasallarán notas de adagio e allegro.

O venres 24 chegará o momento da clausura, da man da Orquestra de Cámara Galega que subirá ao escenario do auditorio municipal a Sinfonía nº8 kv 414, e o concerto para piano nº13 con Sandro D´Onofrío gardando para deleite dos presentes a estrea mundial da sinfonietta Rococó en Re para despedirse de todos os presentes.

O Festival Groba chega a súa sexta edición coa satisfacción de verse máis arroupados e aplaudidos ca nunca, gañando en seguidores e cobrando aínda máis nome.
Para o Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, é unha satisfacción comprobar que “día tras día o auditorio municipal se ateiga dun público que non quere desaproveitar esta cita única coa música clásica e completamente de balde, para garantir que todos os públicos poden achegarse durante sete días a pezas e músicos de renome”.

Facer posible que a música clásica sexa accesible e difundir cultura é un dos obxectivos deste certame no que se dan a man músicos de prestixio e noveles.

ÚLTIMAS

A xuíza acorda o arquivo da causa contra o detido na rúa Mestre Montes por agredir supostamente á súa nai cun garfio

A xuíza de instrución 2 de Vigo acordou o sobresemento e arquivo das actuacións...

Detidos dous homes na rúa Cánovas del Castillo por supostos roubos con forza no interior de 15 coches estacionados

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a dous homes como presuntos autores de...

Detido na rúa Uruguai tras lesionar a unha viandante, á que golpeou cunha lata de cervexa, causándolle un corte na tempa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 45 anos de idade, J.K.V.,...

O goberno de Vigo rexeita debater unha moción urxente sobre as festas

O grupo municipal do PSOE de Vigo rexeitou este luns debater unha moción de...