InicioCulturaA festa de San Roque en Vigo regresa tras dous anos de...

A festa de San Roque en Vigo regresa tras dous anos de pandemia e coa suspensión da procesión pola choiva

Este mércores a festa continúa a partir das 10,00 horas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A choiva que volveu caer na cidade de Vigo na mañá deste martes festivo tras semanas sen precipitacións non impediu que centos de persoas celebrasen o día grande de San Roque.

Na leira, foron moitos os vigueses que se achegaron para gozar da principal romaría da urbe olívica non faltou música, actos relixiosos e por suposto comida e bebida, tras dous anos de pandemia nos que non se puido levar a cabo.

Desde as 10,00 horas a festa comezou en San Roque, amenizada polos pasacalles da banda viguesa Unión Musical de Valladares. Ademais, a eucaristía foi celebrada ao aire libre ás 10,00; ás 11,00 e ás 12,00 horas. Esta última solemne, cantada pola Coral Riomao do Calvario.

Con todo, a procesión tivo que ser cancelada pola choiva. Aínda así, sobre as 13,15 horas deu comezo o concerto da banda, despois de que as nubes desen unha tregua a San Roque.

Pola tarde, ás 20,15 horas era a quenda do grupo Algarabía e ás 22,00 horas, MITIC. O fin de festas este martes foi para Batea. Ao longo do día representaouse o romanceiro ‘Historia de Roque’.

Mañá mércores a festa continúa a partir das 10,00 horas coa primeira misa, mentres que ás 12,00 será unha misa solemne polos falecidos da Irmandade de San Roque, que continuará con procesión, se o tempo permíteo.

ÚLTIMAS

Vigo rexeita o recurso de Ryanair e mantén a sanción por reducir voos

O Concello de Vigo confirmou o rexeitamento do recurso de reposición presentado pola aeroliña Ryanair contra a sanción imposta pola...

Caballero impulsa accións legais pola exclusión de Vigo como sede do Mundial 2030

O Concello de Vigo iniciou os trámites para estudar unha posible reclamación xurídica fronte...

195 millóns: o custe do novo contrato entre SERGAS e Povisa

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) e o Hospital Ribera Povisa de Vigo finalmente...