InicioCulturaO Festival Groba celebra o seu décimo aniversario con artistas de prestixio...

O Festival Groba celebra o seu décimo aniversario con artistas de prestixio internacional

Terá lugar en Ponteareas do 13 ao 19 de agosto.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Festival Groba reunirá en Ponteareas do 13 ao 19 de agosto a destacados artistas de prestixio internacional para celebrar o décimo aniversario dun encontro musical, artístico e formativo organizado ao redor da figura e a obra do compositor Rogelio Groba, o máis prolífico e influente dos autores galegos, aínda en activo aos seus noventa e dous anos.

Ademais da Orquestra de Cámara Galega, orquestra residente do Festival Groba, esta nova edición contará coa presenza da flautista portuguesa Adriana Ferreira, a soprano catalá Laura del Río, as violinistas Rimma Benyumova desde Alemaña (en lugar de Stella Chen) e Karen Gomyo desde Xapón ou o cellista portugués-israelí Kyril Zlotnikov, que repite tras a súa experiencia a pasada edición.

Tamén se contará con catro pianistas, a vasca Judith Jauregui, a moldava Marianna Prjevalskaya e os galegos Ricardo Blanco e Gema Arias, que xa participara como Novo Talento Galego na edición de 2019. O programa completarase co clarinetista galego Luís Miguel Méndez e a cellista ponteareá Alba Reirís.

Entre as novidades deste ano destaca o lanzamento dun programa de mentorship co que se ofrecerá non só clases gratuítas de música de cámara impartidas polos principais artistas convidados ao festival, se non que complementará a formación destes novos talentos con consellos profesionais de management e carreira profesional.

Tamén ofrecerá a oportunidade ao novo grupo de residencia de presentarse ante o público do festival participando en varios concertos e mesmo compartindo escenario con algúns dos seus mentores. A formación seleccionada para iniciar este novo proxecto é o cuarteto finlandés Erinys, que continúan a súa formación como cuarteto na Academia Sibelius de Helsinqui.

En canto aos compositores que estarán presentes este ano, destaca a obra do mestre Groba, protagonista do festival, do que se interpretarán obras en case todos os concertos, incluíndo a estrea absoluta da obra ‘Danzas Antigas’. O programa complétase con obras de Ginastera, Boccherini, Haydn, Bartok, Piazzola, Mozart, Sostakovich, Britten, Dvorak, Schubert, Dohnanyi, Vivaldi, Saariaho e Grundman.

ÚLTIMAS

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...