InicioCulturaO Cárcere Vello de Tui será rehabilitado coma un gran centro expositivo

O Cárcere Vello de Tui será rehabilitado coma un gran centro expositivo

Funcionará como un centro de acollida a visitantes e peregrinos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Consello da Xunta deu hoxe o visto bo ao proxecto de acordo polo que se autoriza a sinatura do acordo de cooperación entre a Axencia Turismo de Galicia e o concello de Tui para a posta á disposición dos terreos e execución da rehabilitación do cárcere vello no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea.

As obras, que contan cun orzamento de 484.000 euros, IVA incluído, acondicionarán un inmoble propiedade do concello de Tui, situado no seu conxunto histórico, declarado BIC desde 1967, para a creación dun centro de acollida a visitantes e peregrinos que contribúa á posta en valor dos recursos patrimoniais e culturais de Tui. Especialmente, os relacionados coa cultura xacobea e o Camiño Portugués, que entra en Galicia por Tui, e que pasa por diante deste inmoble.

O proxecto para o acondicionamento deste inmoble recolle a adaptación do edificio a esta nova funcionalidade e as condicións de accesibilidade, ademais da montaxe expositiva das diversas salas que integrarán este centro Cárcere Vello de acollida a visitantes e peregrinos.

Dos 12 proxectos de mantemento e rehabilitación do patrimonio histórico de uso turístico nos Camiños de Santiago que se acollen no Plan Xacobeo Next Generation aprobados, atópase a rehabilitación sustentable do edificio do vello cárcere de Tui a dotación ecoeficiente do centro de interpretación, museografía dixital e promoción e márketing turístico.

ÚLTIMAS

Amazon defende as súas condicións laborais no Porriño tras a convocatoria de paros polo comité de empresa

Amazon defendeu este xoves as condicións de traballo do seu centro loxístico do Porriño,...

O Pleno de Vigo aproba os nomeamentos de Medallas e Vigueses Distinguidos entre críticas á “imposición” do goberno local

O Pleno do Concello de Vigo aprobou este xoves as propostas para denominar a...

O PP de Vigo esixe a Abel Caballero que aclare a situación das festas nos barrios e o futuro das atraccións

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, reclamou ao alcalde, Abel Caballero, que...

Aprazado ata abril o xuízo polo alixo de 3.000 quilos de cocaína no buque ‘Simione’

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acordou suspender...