InicioCulturaA mocidade lusófona organiza un encontro sobre lingua e cultura en Vigo

A mocidade lusófona organiza un encontro sobre lingua e cultura en Vigo

O evento 'Conexões' terá lugar o próximo 17 de xuño na Casa da Lusofonía.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Vigo acollerá o próximo 17 de xuño o evento ‘Conexões’, un encontro que procura promover o diálogo, o intercambio cultural e accións estratéxicas entre as nacións da lusofonía.

O evento está organizado pola ‘Juventude Unida dos Países de Língua Portuguesa’, que fai parada na Casa da Lusofonía de Vigo o próximo día 17 de xuño ás 14 horas. Esta plataforma foi fundada no ano 2020 de parte de mocidade de Brasil e Portugal e xa reúne na actualidade persoas de Angola, Guiné-Bissau, Moçambique, Cabo Verde, Timor Leste e Galicia, co obxectivo de tecer redes e debater sobre temas relevantes para a mocidade lusófona.

A JUPLP chama así a participar deste novo encontro aberto a todas as persoas interesadas en mergullarse na realidade lusófona. “Sempre de forma independente e próxima á xuventude”, explican.

ÚLTIMAS

Unha empresa inmobiliaria de Baiona sofre a ira do desahucio de Maricarmen en Madrid

Unha empresa inmobiliaria de recente creación con sede en Baiona viuse obrigada a emitir...

Arredor de 200 persoas reciben en Vigo o buque “Kate Tenacity” da Flotilla da Liberdade rumbo a Gaza

Arredor de 200 persoas recibiron este mércores en Vigo o buque "Kate Tenacity" da...

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...