InicioCulturaA mellor música clásica florece en Ponteareas coa sexta edición do Festival...

A mellor música clásica florece en Ponteareas coa sexta edición do Festival Groba

PUBLICADO O

- Advertisement -

O concello de Ponteareas convida a toda a veciñanza a gozar da música clásica na sexta edición do Festival Groba: “Unha ocasión única para escoitar aos mellores músicos do mundo no escenario do auditorio municipal de Ponteareas”, subliñan.

Para todos os públicos e completamente de balde, o Festival Groba ofrece ao público o privilexio de gozar das composicións do mestre Rogelio Groba, “da man dos mellores músicos do panorama tanto estatal como internacional”.

Este sábado día 18 a partir das 21 horas será o concerto inaugural co trompetista Pacho Flores, seguido da actuación do Coro de Cámara de Pamplona, acompañado da Orquestra de Cámara Galega.

O domigo ás 11:30 horas continúan as actuacións na residencia de maiores Santa Ana de Ponteareas, e ás 21 horas haberá un concerto de cámara. Os violíns de Jiyoon Lee e Pablo Vidal, a viola de Alba González, o cello de Sandra Lied Haga, o piano de Yoonie Han e a trompeta de Pacho Flores encherán o escenario do auditorio. A velada péchase co cuarteto con piano Opus 15 nºI en Do menor de Jiyoon Lee, Alba González, Sandra Lied Haga e Sandro D´onofrío.

Co apoio do concello de Ponteareas, da Deputación e da Consellería de Cultura, o Festival Groba “tenta devolver toda a aportación que realizou ao mundo musical e cultural o mestre Rogelio Groba Groba, constituíndo unha oportunidade única de gozar dos mellores intérpretes da música clásica”.

Pero ademais, para o Alcalde de Ponteareas o festival Groba tamén serve para “promocionar e dar oportunidade aos novos talentos, que nesta semana ademais de ofrecer concertos tamén aprenden dos mellores mestres da actualidade”.

ÚLTIMAS

A Audiencia de Vigo xulga a 11 acusados de fabricar ‘narcolanchas’ en Galicia e Portugal

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle desde...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...