InicioCulturaComeza no Alto Miño portugués a romaría tradicional da "Virgem das Dores"

Comeza no Alto Miño portugués a romaría tradicional da “Virgem das Dores”

PUBLICADO O

- Advertisement -

Estes venres comeza unha das romarías máis tradicionais do Alto Miño, prolongándose até ao próximo luns. Cinco días de devoción, animación e convivencia con momentos relixiosos e festivos.

A Festa en Honra á Virgem das Dores ten lugar entre o 16 e 20 de agosto, coa promesa de cinco días de veneración á súa imaxe e diversos momentos de animación con acentuada compoñente tradicional, etnográfica e festiva.

“Virgem das Dores”/ Municipio de Monçao

Os momentos máis fortes, que reúnen miles de persoas nas rúas e varandas do centro histórico, son a procesión solemne en honra á “Virgem das Dores” o domingo, principal día das festividades, e a procesión solemne en honra do emigrante, o luns, último día.

Os restantes días, o programa reserva actuacións de grupos de bombos, zabumbas, cabezudos, xigantiños, tocadores de concertina, cantadores ao desafío, “cavaquinhos”, ranchos folclóricos e bandas filharmónicas. As orquestras tamén marcan presenza. Tal como grupos e artistas nacionais coñecidos do grande público.

ÚLTIMAS

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...