InicioCulturaA Coruña ofrécese a acoller o concerto de Muse pensado para Vigo

A Coruña ofrécese a acoller o concerto de Muse pensado para Vigo

"Parece que o Xacobeo violenta un pouco a Vigo", di a directora de Turismo, Nava Castro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A directora de Turismo de Galicia en funcións, Nava Castro, recalcou que a “primeira alternativa” para o concerto de Muse foi Vigo e lamentou a postura do Concello nos últimos días.

“Parece que o Xacobeo violenta un pouco a Vigo”, manifestouao ser preguntada polo lugar onde se celebrará o concerto, e despois de que, fronte á súa postura inicial, nas súas últimas declaracións o rexedor de Vigo, Abel Caballero, asegurase que se recibe unha solicitude está “absolutamente seguro” de que se poderá chegar a un acordo.

“Se non vai a Vigo, irá a outra cidade”, engadiu sobre o concerto Nava Castro, quen asegurou que a “oferta” que se fixo para celebralo en Balaídos ten que recibir “unha resposta”.

“A Coruña está preparada con grandes recintos”, expuxo, á súa vez, a rexedora herculina, Inés Rey, no acto no que ambas participaron para presentar o ciclo de concertos do ‘Xacobeo Importa’.

ÚLTIMAS

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...