InicioCulturaA produción técnica dos concertos de verán de Vigo custará case 870.000...

A produción técnica dos concertos de verán de Vigo custará case 870.000 euros

Será preto de corenta espectáculos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A xunta do goberno local do Concello de Vigo aprobou este xoves a licitación do contrato da produción técnica dos concertos deste verán na cidade por case 870.000 euros, segundo informou o alcalde, Abel Caballero, na súa rolda de prensa diaria.

Esta licitación, que terá unha duración dun ano e será prorrogable a outro ano máis, ten o obxectivo de permitir a organización de quince espectáculos no auditorio de Castrelos, catro espectáculos de máis de 2.000 espectadores fóra deste recinto e unha vintena de espectáculos de pequeno formato de ata 2.000 espectadores en distintas zonas da cidade. Ademais, recolle os servizos sanitarios, a xestión das entradas e o control de accesos.

Tamén no ámbito da organización das festas, o goberno local licitou o contrato para a redacción de dous plans de emerxencia e autoprotección e coordinación da seguridade para os eventos programados polo servizo de Festas.

Cun importe total de 43.000 euros e un contrato dun ano, prorrogable tamén a outro exercicio, inclúe plans de seguridade para pequenos espectáculos e para a Cabalgata de Reis, así como o plan de emerxencias e autoprotección de Castrelos e de eventos de gran formato.

ÚLTIMAS

Buscan en Nova Zelandia a un mariñeiro galego que viaxaba a bordo dun palangreiro con base en Vigo

Efectivos de procura tratan de localizar a un mariñeiro galego, un xefe de máquinas...

Trasladada ao hospital con queimaduras unha veciña de Vigo tras un incendio na súa vivenda

Unha veciña de Vigo foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro ao resultar ferida, con...

Vigo tomado por miles de “papanoeles” con fins solidarios

A tradicional "Papanoelada" de Vigo volveu a encher a cidade olívica de vehículos de...

Achan a 2 persoas falecidas en senllos pisos en Vigo, sendo necesaria a intervención dos bombeiros para abrir un

Dúas persoas foron achadas mortas na mañá deste venres en Vigo en senllos pisos...