InicioCulturaTerras Gauda reúne 1.435 carteis de 66 países de todo o mundo...

Terras Gauda reúne 1.435 carteis de 66 países de todo o mundo na Bienal Francisco Mantecón

A Estación Marítima de Vigo acolle a exposición das obras participantes na Bienal de Cartelismo Francisco Mantecón.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Bienal Internacional de Cartelismo Terras Gauda-Concurso Francisco Mantecón alcanza a 14ª edición con 1.435 obras procedentes de 66 países. “Plasman na impoñente exposición a diversidade gráfica e xeográfica, acenos de identidade deste certame. Ademais, reivindican a o cartelismo nunha sociedade globalizada como ponte de unión entre países”, indican desde a empresa.

A Estación Marítima de Vigo acolle, de luns a domingo en horario de 11 a 14 horas e de 18 a 21 horas, até o 20 de novembro este percorrido pola vangarda artística internacional, que participou na Bienal de Cartelismo Francisco Mantecón.

A Bienal conta coa colaboración de prestixiosas universidades, como a de Xangai, que en 2019 está representada por un catedrático da súa facultade de Belas Artes e un grupo de alumnos. A Bauhaus Universitat Weimar, University of San Francisco, París College of Art son outras institucións académicas renome que brindaron o seu apoio, do mesmo xeito que bienales consagradas como a de Brno e a de México, e colectivos profesionais do prestixio: Artnagrada (Rusia), AIGA (USA) e Aladi.

Javier Xaén e Diego Areso son os profesionais que formaron parte do xurado, presidido por José María Fonseca Moretón, presidente do Grupo Terras Gauda, e integrado por outros representantes da adega, da Autoridade Portuaria de Vigo e de Turismo de Galicia.

O fallo darase a coñecer o 22 de novembro durante a entrega de premios. A dotación económica ascende a 16.000 euros (10.000 para o 1º e 2.000 para o 1º e 2º accésit, e a Mención Especial).

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...