InicioCulturaPatrimonio autoriza "con condicións" o proxecto de musealización da Fortaleza do Castro...

Patrimonio autoriza “con condicións” o proxecto de musealización da Fortaleza do Castro de Vigo

A Xunta advirte que as actuacións que impliquen movementos de terra quedarán suxeitas a unha intervención arqueolóxica previa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural autorizou o proxecto de musealización para a posta en valor da fortaleza do Castro de Vigo, aínda que estableceu unha serie de “condicións” que deberán terse en conta á hora de proceder á intervención.

A Xunta explicou que os servizos técnicos de Patrimonio informaron favorablemente xa en decembro ao proxecto remitido polo Concello de Vigo tres meses antes, pero solicitando unha proposta modificada sobre as mesmas cuestións nas que agora se volve a incidir.

“É o caso do patio de armas, limitando a intervención a recuperar a súa verdadeira función e a eliminación de elementos discordantes como o cruceiro e a modificación das escaleiras de baixada”, explicou o Goberno galego. O cruceiro terá que ser documentado.

Na mesma liña, co obxectivo de garantir o criterio de mínima intervención nos bens de interese cultural, deberase eliminar a cuberta do volume de aceiro previsto no acceso exterior, respectando as características esenciais e o estado natural deste ámbito.

Así mesmo, en canto á polvoreira, que non se incluía na proposta inicial, deberá manterse á vista en cumprimento da Lei de Patrimonio Cultural de Galicia. Ademais, entre outras condicións, a Xunta advirte que as actuacións que impliquen movementos de terra quedarán suxeitas a unha intervención arqueolóxica previa.

ÚLTIMAS

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...