InicioCulturaA Festa da Lamprea, gastronomía tradicional galega esta fin de semana en...

A Festa da Lamprea, gastronomía tradicional galega esta fin de semana en Arbo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Arbo acolle esta fin de semana a XXIII Festa da Lamprea Seca, este ano ademais con novidades importantes. Grazas ao éxito colleitado en edicións anteriores, esta celebración permanecerá, por primeira vez, durante dous días na Caballeira de Turbela, equipada para a ocasión con mesas e bancos para comer, garantindo así “unha sombra natural”, segundo explicou o alcalde de Arbo, Horacio Gil, durante a presentación da festa cos hostaleiros.

A xornada empezará o sábado cunha andaina popular, que sairá desde o Museo Arabo e finalizará na Carballeira de Turbela. Oito quilómetros de percorrido, percorrendo un dos carreiros máis bonitos que existen á beira do Miño.

Trala camiñada sortearanse varios agasallos entre os participantes. Para recuperarse de tanto esforzo, desde as 11 da mañá abrirán os postos de degustación de lamprea seca e, como non, dos viños das diferentes bodegas da zona.

Todo isto acompañado de pasarrúas e actuacións de A.C.A Vella Barca. O domingo tamén arrincará con actividades deportivas. Ás 10 da mañá sairá desde a Praza do Concello unha ruta de bicicletas, con liña de meta tamén na Carballeira de Turbela, con agasallos para todos os participantes. Á mesma hora que o sábado abrirán os postos de lamprea e viño, amenizando nesta ocasión as actuacións do grupo folclórico Pontenova.

Lamprea rechea/ Arbo

O número de visitantes desta festa, xa na súa XXIII edición, non para de crecer ano tras ano, atraídos pola gastronomía, os viños e a beleza natural, con estampas paisaxísticas tan belas como a das Pesqueiras.

Un total de sete bodegas e dous restaurantes participarán na edición deste ano. “Esta festa desde o seu inicio buscou desestacionalizar a degustación de lamprea e dar a oportunidade de probar outras das súas moitas preparacións” sinalou o alcalde. A lamprea seca servirase frita, rebozada, reechea, en empanada e asada á brasa. As racións venderanse a prezos que oscilarán entre os 8 e 10 euros.

Outro aliciente máis que este ano ten esta celebración estival é a oferta de concertos e romarías. O prato forte chegará da man do cantante galego Roi Casal, o sábado ás once da noite.

Ademais, os dous días desde as doce ata as tres da tarde celébrase o III Festival Cantos de Taberna, organizado pola Coral Polifónica de Arbo, que contará coa participación dos grupos Loureiro Verde e Amigos Afortunados, o primeiro día, e de O Son das Tabernas, o segundo.

Tamén actuará a charanga Encerellados o domingo ás cinco e media. Os máis pequenos poden gozar da música, a comida e de inchables gratuítos nos que poderán xogar e divertirse.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...