InicioCulturaTui inaugura os "caldos de gloria" en honor a Rosalía

Tui inaugura os “caldos de gloria” en honor a Rosalía

Os establecementos que ofrecerán o caldo de gloria en honor a Rosalía son o "Restaurante O Pote" e o "Restaurante Monte Aloia".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Tui, a través da concellería de Cultura, promove a conmemoración o vindeiro mércores, 23 de febreiro, do “Día
de Rosalía
” data na que se conmemora o 185 aniversario do nacemento da
escritora máis representativa e reivindicativa de Galicia pola súa defensa do pobo e da lingua.

O concello lucense lembra que o seu libro Cantares Gallegos sinala o inicio da restauración do uso escrito da nosa lingua e o final dos Séculos Escuros de silencio e esquecemento. A súa obra é un retrato do pobo galego e goza dunha total actualidade.

O Concello de Tui adoptou un acordo plenario no ano 2013 para a celebración anual deste evento. Dende a Concellería de Cultura, a través da Biblioteca Municipal, téñense preparado diversas lonas con varios dos poemas máis populares de Rosalía de Castro que se colocarán na fachada da súa sede para lembrar esta celebración e contribuír á difusión da súa obra poética.

Amais, o mércores 23 de febreiro, entre outras actividades segundo explica a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente “queremos fomentar outra iniciativa tamén impulsada dende a Fundación Rosalía de Castro e denominada o “Caldo de gloria”.

Trátase dunha iniciativa que xorde a partir do poema “Miña casiña, meu
lar”
(Follas novas, 1880), no que unha muller pobre que chega á casa mollada e esfameada, a pesar de que carece de todo, consegue o milagre da supervivencia: facer un humilde caldo de gloria e un bolo do pote, quentarse ó pé do lume e ser feliz.

“Queremos que Galicia”, sinalan dende a Fundación Rosalía de Castro,
lembre a Rosalía no seu día compartindo en lugares públicos ou no ambiente familiar este ‘caldo de gloria’ dos humildes, un caldo para celebrar tamén a nosa cultura gastronómica popular”.

Así en Tui ofrecerán este “Caldo de Gloria” esta fin de semana o vindeiro mércores 23 diversos establecementos de restauración, en concreto: “Restaurante O Pote” e o “Bar – Restaurante Monte Aloia” que ofrecerán este produto aos seus clientes.

Esta programación co gallo do “Día de Rosalía” complétase cunha actividade dirixida ao público infantil o propio mércores, 23 de febreiro. Nesa data a Biblioteca Municipal acolle á 17.30 horas un contacontos denominado “Figueiriñas que prantei” a cargo da compañía “Polo correo do vento”.

Por último, lembrar que ficou adiada para o venres, 25 de marzo, ás 19.00 h no Teatro Municipal a obra teatral “Rosalía” producida por Culturativa que nos achega á infancia de Rosalía de Castro. As entradas para este evento están xa á venda nesta páxina web.

ÚLTIMAS

O acusado de asasinar ao okupa co que convivía en Vigo: “Eu non son o autor de nada, queríao como a un irmán”

O acusado de asasinar a un okupa co que convivía en Vigo declarouse inocente...

Caballero acusa ao BNG de “atacar” Vigo por oporse á nova A-52 que é “respectuosa co medio ambiente”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, criticou este mércores o "ataque" á cidade do...

O home acusado de deixar sen un ollo á súa exparella en Vigo acepta 5 anos de cárcere

O home acusado dun delito de lesións con perda de órgano e sentido, Pablo...

Un exmembro do Opus Dei acepta en Vigo 5 anos de prisión tras recoñecer agresión sexual continuada a un menor

Un exmiembro dunha asociación xuvenil vinculada ao Opus Dei, acusado dun delito continuado de agresión...